Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Mércores, 01 de agosto de 2001 Páx. 10.502

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 13 de xuño de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 225/2001).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1655/2000, de 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: praza da Constitución, 17, Cee.

Denominación: L.M.T. C.T. R.B.T. Baleeira.

Situación: Cee.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 1.072 m de lonxitude, coa orixe na liña A Pontella-Alivia e final no C.T., Beleeira en Caneliñas, a instalar.

Centro de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA, e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Caneliñas, do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 240 m que se conectará á rede existente, no termo municipal de Cee.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos afectados polo procedemento de expropiación forzosa figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideran afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte dias, a partir da última publicación ou notificación individual.

A Coruña, 13 de xuño de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 225/2001. Provincia: A Coruña.

L.M.T. a C.T. BeleiraTermo municipal: Baleeira.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

4Alto do CastroCampoRpta. Luisa Outes Rodríguez

45292

Hdos. Ramiro Outes

González

r/ Camiñaspe-Ondarroa 24 baixo esqu.

48700 Biscaia

9Alto do CerroCampoRpta. Margarita Outes Rodríguez

12120

Hdos. María Fiuza

Rodríguez

r/ Ferrol 15

15270 Cee