Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Mércores, 01 de agosto de 2001 Páx. 10.501

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 13 de xuño de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 132/2001).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., Porto-Parque (tramo Porto).

Situación: A Coruña.

Características técnicas: L.M.T. subterráneas a 15/20 kV de 450 m de lonxitude, cada unha en conductor R.H.V. de 240 m/m Al por canalización existente, que parte da futura subestación de Baterías no Porto e final nas L.M.T. San Cristovo-Damas e San Pedro-Damas en conexión existente xunto edificio correos. Concello da Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 13 de xuño de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña