Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Mércores, 01 de agosto de 2001 Páx. 10.497

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 20 de xuño de 2001, do Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, pola que se fai pública unha relación de notificacións de propostas de resolución de expedientes sancionadores (142/2000 e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan a proposta de resolución de expedientes instruídos por infraccións da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia (DOG nº 210, do 31 de outubro).

Nº de expediente: 142/2000.

Denunciado: Alberto Fernández Martínez.

Enderezo: travesía de Vigo, 215-6º Pta. 122 Vigo (Pontevedra).

Nº de expediente: 375/2000.

Denunciado: Sport Olympic

Enderezo: r/ Ezequiel Massoni, 39 Marín (Pontevedra).

Nº de expediente: 394/2000.

Denunciada: Mª Pilar Garces De Juan.

Enderezo: r/ Arquitecto Pérez Bellas, 1 Vigo (Pontevedra).

Nº de expediente: 49/2001.

Denunciada: Mª Deolinda Albán Outeiro.

Enderezo: Igrexa-Teis, 75, 36205 Vigo (Pontevedra).

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da publicación deste edicto para poderen examina-los expedientes no Servicio de Estradas da Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda (r/ Said Armesto, 1 Pontevedra) e presentar ante o citado servicio as alegacións que consideren pertinentes.

Pontevedra, 20 de xuño de 2001.

Fausto Núñez Vilar

Xefe do Servicio de Estradas de Pontevedra