Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Martes, 31 de xullo de 2001 Páx. 10.432

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2001 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso e procedemento aberto, das consultorías e asistencias para a realización dos estudios sobre preparación das bases provisionais e definitivas de concentración parcelaria nas zonas de Pousada (Baleira-Lugo)-(BPD-2911), Librán (Baleira-Lugo)-(BPD-2912), Fonteo (Baleira-Lugo)-(BPD-2913), A Esperela (Baleira-Lugo)-(BPD-2914), A Braña (Baleira-Lugo)-(BPD-2915) e Goá (Cospeito-Lugo)-(LPBPD-2898).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: estudios sobre preparación das bases provisionais e definitivas de concentración parcelaria nas zonas de Pousada (Baleira-Lugo)-(BPD-2911), Librán (Baleira-Lugo)-(BPD-2912), Fonteo (Baleira-Lugo)-(BPD-2913), A Esperela (Baleira-Lugo)-(BPD-2914), A Braña (Baleira-Lugo)-

(BPD-2915) e Goá (Cospeito-Lugo)-(LPBPD-

2898), de acordo cos pregos que rexen esta contratación.

b) Número: seis asistencias.

c) Lugar de execución: o que se especifica no prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de execución: o que se especifica no prego de prescricións técnicas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Pousada (Baleira-Lugo)-(BPD-2911), cun orzamento de 10.424.519 pesetas/62.652,62 A.

Librán (Baleira-Lugo)-(BPD-2912), cun orzamento de 12.195.031 pesetas/73.293,61 A.

Fonteo (Baleira-Lugo)-(BPD-2913), cun orzamento de 4.848.228 pesetas/29.138,44 A

A Esperela (Baleira-Lugo)-(BPD-2914), cun orzamento de 13.899.358 pesetas/83.536,82 A.

A Braña (Baleira-Lugo)-(BPD-2915), cun orzamento de 6.866.955 pesets/41.271,23 A

Goá (Cospeito-Lugo)-(LPBPD-2898), cun orzamento de 27.255.576 pesetas/163.809,31 A.

5. Garantías.

Provisional: o 2% do orzamento de licitación de cada asistencia.

Definitiva: o 4 % do orzamento de adxudicación de cada asistencia.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 57 68.

e) Telefax: 981 54 57 53.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborables, agás sábados, desde as 9 ás 14 horas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través da Internet no enderezo: http://www.xunta.es/contratacion.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará o décimo quinto día natural, ás 14 horas, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

8. Posibilidade de variantes.

Non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: terá lugar, en acto público, na sala de xuntas da consellería, o quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2001.

P.D. (Orde 12-1-2001)

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Política Agroalimentaria