Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Martes, 31 de xullo de 2001 Páx. 10.428

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2001, da División de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, relativos á publicación de puntuacións e á anulación dalgunhas preguntas do primeiro exercicio da fase de oposición.

O punto 11 da base sexta a) da resolución da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde do 20 de marzo de 2001 (DOG nº 63, do 29 de marzo) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, dispón que se o tribunal, de oficio, ou de acordo coas reclamacións que os interesados poidan presentar, anulase algunha ou algunhas das preguntas incluídas nun exercicio anunciarao publicamente xunto coa publicación das puntuacións dos distintos exercicios da fase de oposición, nos taboleiros de anuncios dos servicios centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Sergas.

Á vista das impugnacións presentadas en prazo contra o exame, cada tribunal confirmou o seu modelo definitivo de respostas correctas polo que, para este efecto, a estimación ou desestimación das ditas impugnacións enténdense implícitas nesta resolución que publica as listaxes de puntuación outorgadas ós aspirantes no primeiro exercicio.

Polo tanto, adoptado acordo polos respectivos tribunais sobre a rectificación de respostas ou sobre a anulación, se é o caso, de preguntas do primeiro exercicio da fase de oposición e sobre a publicación das puntuacións, procede agora darlle publicidade no DOG, facultándose para iso expresamente a esta División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, polo que,

RESOLVE:

Primeiro.-Publica-las puntuacións acadadas polos aspirantes presentados ó primeiro exercicio da fase de oposición das diferentes categorías convocadas pola devandita resolución, así como anular determinadas preguntas deste primeiro exercicio, que serán substituídas polas preguntas correlativas de reserva, nas seguintes categorías:

-Grupo técnico da función administrativa, modalidade xurídica: preguntas nº 2, 40, 64, 87 e 145.

-Grupo técnico da función administrativa, modalidade económica: preguntas nº 2, 40, 64 e 83.

-Grupo xestión da función administrativa: preguntas nº 25, 56, 131 e 134.

-ATS/DUE: preguntas nº 51, 52, 57, 69, 116, 132, 139 e 156.-Fisioterapeuta: preguntas nº 4, 6, 15, 55, 90, 101 e 118.

-Traballador social: pregunta nº 18.

-Matrona: preguntas nº 7, 109, 130, 137 e 150.

-Hixienista dental: preguntas nº 104 e 122.

-TEL: preguntas nº 40, 93 e 122.

-TER: preguntas nº 25, 42 e 53.

-TEAP: pregunta nº 83.

-Auxiliar de enfermería: preguntas nº 31, 34, 58, 84, 87, 89 e 95.

-Grupo auxiliar da función administrativa: pregunta nº 21.-Celador: preguntas nº 36 e 53.

-Pinche: preguntas nº 19 e 53.

Segundo.-Declarar aptos a todos aqueles aspirantes que obtivesen neste primeiro exercicio da fase de oposición, na respectiva categoría, unha puntuación igual ou superior a 50 puntos, agás na categoría do grupo técnico da función administrativa, ámbalas dúas modalidades, que é de 37,50 puntos e no grupo de xestión da función administrativa que é de 45 puntos.

Terceiro.-Declarar expresamente excluídos do concurso-oposición a todos aqueles aspirantes que non acadasen a dita puntuación na respectiva categoría.

Cuarto.-Contra esta resolución poderán presentar os interesados reclamación perante o tribunal no prazo de cinco días naturais, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2001.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos