Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Luns, 30 de xullo de 2001 Páx. 10.389

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 19 de xuño de 2001, da Área de Servicios Sociais da provincia da Coruña, polo que se require documentación ós beneficiarios de pensións non contributivas da Seguridade Social, relacionados no anexo.

No uso da competencia sobre pensións non contributivas da Seguridade Social, atribuída na disposición adicional décimo oitava do Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social (BOE do 29 de xuño) e no artigo 21 do Real decreto 357/1991, do 15 de marzo (BOE do 21 de marzo), a falta dos datos necesarios para proceder á tramitación na fase de revisión dos expedientes que a continuación se relacionan, ó ter sido devoltas polo servicio de correos as peticións de documentación enviadas no seu día e, en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), requírese os abaixo citados para que no prazo de 10 días, contados desde o seguinte ó da data de publicación deste edicto, comparezan, persoalmente ou debidamente representados, na Área de Servicios Sociais da Coruña (Concepción Arenal, 7-9)

para ter coñecemento do trámite ou documentación que teñen que achegar ó expediente. De non comparecer no prazo indicado, ou se dentro dos 15 días seguintes ó da comparecencia non achegasen a documentación requirida, en virtude do disposto no artigo 16.2º do Real decreto 357/1991, do 15 de marzo (BOE do 21 de marzo) procederase a suspender cautelarmente o pagamento da pensión.

A Coruña, 19 de xuño de 2001.

Manuel Barral Castro

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

SOLICITANTEDNICONCELLONº EXP.

DE LA IGLESIA FREIRE, JOSEFA32.802.949A CORUÑA336/J/94

FERREIRO ALEMPARTE, INOCENCIO32.279.912A CORUÑA779/J/91

MOUZO OUJO, MARÍA PILAR32.789.640CULLEREDO651/I/92

PAIS SANMARTÍN, OFELIA33.048.215SANTIAGO1308/J/96

RÍOS PÉREZ, MANUEL52.496.378A CORUÑA255/I/99

TABOADA FONTELA, Mª ESTHER32.758.208CAMBRE2410/J/91