Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Luns, 30 de xullo de 2001 Páx. 10.381

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE LALÍN

EDICTO (134/2001).

Roberto Soto Sola, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Lalín fago saber que na resolución desta data dictada no expediente de referencia tiven por solicitada a declaración do estado de suspensión de pagamentos de Obras e Servicios Golada Obraserg, E.C. con domicilio na avenida do Concello, 54, A Golada, tendo designado como interventores xudiciais a Arturo Villanueva López-Ballesteros, Óscar Manuel Salvador Núñez e Banco Santander.

Lalín, vinte de xuño de dous mil un.

O secretario

Rubricado