Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 27 de xullo de 2001 Páx. 10.351

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTE CALDELAS

ANUNCIO de aprobación inicial de estudio de detalle de reaxuste de aliñacións sito na avenida de Galicia, s/n de Ponte Caldelas.

Por Decreto da Alcaldía do 8 de xuño de 2001 prestouse aprobación inicial ó estudio de detalle presentado por Promociones Ponte Forxán, S.L., e subscrito polo facultativo Pedro de la Puente Crespo, para reaxuste de aliñacións na avenida de Galicia, s/n de Ponte Caldelas.

O que se fai público para xeral coñecemento, facendo constar que o expediente estará exposto ó público nas oficinas municipais de secretaría polo prazo dun mes, mediante a inserción de anuncios no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia, de conformidade co disposto no artigo 44.3º da

Lei 1/1997, do solo de Galicia. O prazo de exposición pública entenderase aberto desde a publicación do primeiro anuncio ata transcorrido un mes desde a derradeira publicación, podendo os interesados examinalo e presentar alegacións ou reclamacións dentro do mesmo prazo.

Ponte Caldelas, 18 de xuño de 2001.

Fidel Rodríguez Toubes

Alcalde