Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 27 de xullo de 2001 Páx. 10.350

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

ANUNCIO.

Aprobado definitivamente polo pleno do concello, con data do 13 de xullo de 2001, a modificación puntual do PXOM, coas observacións feitas pola Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda, dos predios destinados ó lecer coa realización dun paseo marítimo na costa interior da ría de Ferrol, redactada polos servicios técnicos municipais.

Contra o acto de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante o Pleno da Corporación no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Narón, 13 de xullo de 2001.

José M. Blanco Suárez

Alcalde accidental