Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 27 de xullo de 2001 Páx. 10.348

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2001, da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, área da Coruña, pola que se anuncia o concurso público 2/2001 (4 lotes), por procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a subministración de aparellos e dispositivos.

A Dirección Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, área da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio), e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Obxecto: subministración de aparellos e dispositivos.

Os licitadores poderán concorrer a un ou á totalidade dos lotes en que se divide o obxecto da subministración.

Orzamento: 14.544.000 pesetas (IVE incluído). (87.411,21 euros).

Garantía provisional: 290.880 pesetas (1.748,23 euros).

-Lote 1: 6 autoclaves.

Orzamento: 2.700.000 pesetas (16.227,33 euros).

Garantía provisional: 54.000 pesetas (324,55 euros).

-Lote 2: 4 desfibriladores.

Orzamento: 2.344.000 pesetas (14.087,73 euros).

Garantía provisional: 46.880 pesetas (281,76 euros).

-Lote 3: 1 ecógrafo.

Orzamento: 4.500.000 pesetas (27.045,55 euros).

Garantía provisional: 90.000 pesetas (540,92 euros).

-Lote 4: 10 electrocardiógrafos de 3 canais.

Orzamento: 5.000.000 de pesetas (30.050,61 euros).

Garantía provisional: 100.000 pesetas (601,02 euros).

Forma de adxudicación: concurso público, polo procedemento aberto e trámite ordinario.

Prazo de entrega: único.

Admisión de variantes: non se admiten.

Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: a adxudicación realizarase tendo en conta os criterios que a continuación se especifican:

1º Prezo: 30.

2º Calidade: 40.

3º Servicio: 30.

Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no departamento de Subministración da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, área da Coruña, sito r/ Pasteur, nº 22, (Pol. da Grela), 15008 A Coruña. Tlfno.: 981 25 14 50, fax: 981 25 16 66 en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, área da Coruña, r/ Xeneral Sir John Moore, nº 2, planta segunda, antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG ou por correo, na forma indicada no punto 5.2.1. do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación reunida para tal efecto, en acto público, na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria, sita na Coruña, na rúa Xeneral Sir John Moore, nº 2, ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar ó seguinte día hábil.

Documentación que terán que achega-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios deste concurso será por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 12 de xullo de 2001.

Luís Verde Remeseiro

Director xerente de Atención Primaria

da Coruña-Ferrol