Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 27 de xullo de 2001 Páx. 10.347

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 8 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da resolución do recurso ordinario do expediente sancionador 36/28/1998, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último enderezo coñecido que así mesmo se indica), a resolución do recurso ordinario do expediente sancionador nº 36/28/1998, por infracción en materia defensa do consumidor.

Contra a citada resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición onde teña a mencionada entidade o seu domicilio social ou na sede

do órgano autor do acto orixinario, a elección, de acordo co disposto no artigo 8.2.b)4. en relación co 14.1º segunda da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que estimen oportuno.

O importe da sanción deberá ser ingresado na conta número 3110001136, da Caixa Galicia (2091), Oficina de Relacións cos Organismos (0388), utilizando os impresos adxuntos nos seguintes prazos:

a) As débedas notificadas entre os día un e quince de cada mes, desde a data de notificación ata o día cinco ou o inmediato hábil posterior, do mes seguinte.

b) As débedas notificadas entre os días dezaseis e o último de cada mes, desde a data de notificación ata o día vinte ou o inmediato hábil posterior do mes seguinte.

De non efectua-lo pagamento dentro dese prazo, procederase, sen máis trámite, á súa exacción pola vía executiva.

Expediente: 36/28/1998.

Inculpada: Soni Sofa, S.L.

Enderezo: avda. da Concordia, 68 Tui (Pontevedra).

Sanción: 50.000 pesetas.

Motivos: irregularidades na etiquetaxe de mobles.

Data da resolución do recurso: 8-5-2001.

Pontevedra, 8 de xuño de 2001.

Carmen Vianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra