Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 27 de xullo de 2001 Páx. 10.335

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2001, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, pola que se resolve o expediente de clasificación dun monte desta provincia 1/2001.

Para os efectos previstos no artigo 28 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, na sesión que tivo lugar o 12 de xuño de 2001, na sala de xuntas da delegación provincial da Consellería de Medio Ambiente, baixo a presidencia do seu delegado provincial, e coa asistencia dos vocais Manuel Martínez Garrido, José Antonio Illán Torrón, Manuel Veiga Franco, Luis Alfonso Casais Fernández (en substitución de Emilio Sánchez Coto) e do secretario Luis Quiroga Arnal, dictou a resolución de clasificar como veciñal en man común o monte seguinte:

-Expediente número: 1/2001.

Denominación: monte Costa e Pena do Castelo.

Comunidade propietaria:veciños dos lugares de Castelo e de Lieiro.

Parroquia: Lieiro.

Superficie total: 16,6881 hectáreas.

Concello: Cervo.

Estremas da parcela Costa-13,200 hectáreas:

Norte: estrada de San Cibrao e predios particulares. Leste: predios particulares. Sur: estrada de Lieiro e predios particulares. Oeste: camiño de Lieiro, predios particulares e estrada de San Cibrao.

Estremas da parcela Pena do Castelo-3,4881 hectáreas:

Norte, leste, sur e oeste: predios particulares.

Contra esta resolución e desde a súa notificación ou publicación, poderá interporse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, de conformidade co disposto no artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa, en relación co artigo 12 da Lei de montes veciñais en man común e o artigo 28 do seu regulamento, modificados os dous preceptos legais pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 12 de xuño de 2001.

Luis González Vázquez

Presidente do Xurado Provincial de Montes Veciñais

en Man Común de Lugo