Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 27 de xullo de 2001 Páx. 10.311

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2001 pola que se nomea catedrático de escola universitaria da área de coñecemento de enxeñería mecánica, do departamento de Enxeñería Mecánica, Máquinas e Motores Térmicos e Fluídos, a José Antonio Alonso López (praza 34/2000).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da universidade de Vigo do 17 de agosto de 2000 (BOE do 6 de setembro) para a provisión dunha praza de catedrático de escola universitaria da área de coñecemento de enxeñería mecánica, do departamento de Enxeñería Mecánica, Máquinas e Motores Térmicos e Fluídos, a prol de José Antonio Alonso López, con documento nacional de identidade número 36004889-E, e cumprindo o interesado os requisitos do número 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a José Antonio Alonso López, catedrático de escola universitaria da área de coñecemento de enxeñería mecánica, do departamento de Enxeñería Mecánica, Máquinas e Motores Térmicos e Fluídos.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación perante o mesmo órgano que a dictou. Neste caso non caberá interpo-lo recurso contencioso-administrativo antes citado namentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de acordo co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 22 de xuño de 2001.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo