Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 27 de xullo de 2001 Páx. 10.309

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2001 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 00/036 de catedrático de universidade convocado por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo R.D. 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por

esta universidade e celebrados os oportunos sorteos establecidos no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición da comisión que ha de resolve-lo concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade número. 00/036 convocado por Resolución rectoral do 1 de agosto de 2000 (BOE do 22 de agosto), comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación desta resolución no BOE.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte á súa publicación.

A Coruña, 21 de xuño de 2001.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de: catedrático de universidade.

Área de coñecemento: Mecánica dos Medios Continuos e Teoría de Estructuras.

Praza nº: 00/036.

Comision titular:

Presidente: López Palanco, Rafael, catedrático de universidade. Universidade de Sevilla.

Secretario: Perez Valcárcel, Juan Bautista, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Vocais:

Calavera Ruiz, Jose, catedratico de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Astiz Suárez, Miguel Ángel, catedrático de universidade. Universidade Politecnica de Madrid.

Oñate Ibáñez de Navarra, Eugenio, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Cataluña.

Comision suplente:

Presidente: Escrig Pallares, José Félix, catedrático de universidade. Universidade de Sevilla.

Secretario: López Rey Laurens, Francisco, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Cataluña.

Vocais:

Arenas de Pablo, Juan José de León, catedrático de universidade. Universidade de Cantabria.

Oliver Olivella, Francisco Javier, catedratico de universidade. Universidade Politécnica de Cataluña.

Marti Montrull, Pascual, catedratico de universidade. Universidade Politécnica de Cartagena.