Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 27 de xullo de 2001 Páx. 10.307

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2001, da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 03/0007752/2001, interposto por

Marta Escudero Blanco e Laura Escudero

Blanco.

Recibida da sección terceira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo 03/0007752/2001, interposto por Marta Escudero Blanco e Laura Escudero Blanco contra o Decreto 93/2001, do 10 de abril de 2001 (DOG nº 88, do 8 de maio) polo que se declara a urxente ocupación para efectos de expropiación forzosa dos bens necesarios para a realización das obras do proxecto de mellora ambiental do borde fluvial da ría de Ortigueira, tramo Santa Marta-Morouzos.

Esta consellería acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, remitirlle o correspondente expediente administrativo á dita sala, o que se lles notifica a tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan constituírse en parte nos autos da sección terceira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2001.

Alfonso Rueda de Valenzuela

Director xeral de Administración Local