Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 26 de xullo de 2001 Páx. 10.280

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

REDES DE TELECOMUNICACIÓN GALEGAS, RETEGAL, S.A.

ANUNCIO polo que se convoca proceso selectivo para a cobertura dunha praza de técnico en administración.

A administradora da sociedade Redes de Telecomunicación Galegas, Retegal S.A., por delegación do Consello de Administración, acorda convocar proceso selectivo para a contratación da persoa que cubra o posto de traballo que a continuación se relaciona:

Nº postos: 1.

Posto: técnico en administración.

Ref.: TA/LF/03.

Requisitos: FPII ou equivalente.

A modalidade de contratación deste persoal será a de laboral fixo.

Os candidatos terán que achegar á solicitude todos aqueles documentos (cotexados) que acrediten os méritos que aleguen, expediente académico, currículum vitae e fotografía, indicando a referencia do posto ó que opten.

A selección dos candidatos consistirá na aplicación dun baremo, que será facilitado a quen o solicite, así como a información complementaria que considere oportuna nas dependencias da sociedade (edificio multiusos, baixo. 15820 San Marcos, Santiago de Compostela).

O prazo para a presentación de solicitudes e demais documentación será dun mes a partir da data de publicación no Diario Oficial de Galicia deste acordo.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2001.

Rosana López Salgueiro

Administradora da sociedade Redes de

Telecomunicación Galegas, Retegal, S.A.