Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 26 de xullo de 2001 Páx. 10.279

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2001 pola que se anuncia concurso para a contratación da obra: pavillón polideportivo municipal de Moraña.

Obxecto e tipo de licitación: a contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, da dita obra por importe de 60.000.000 de pesetas, IVE incluído.

Fianzas: definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Clasificación empresarial: grupo A, subgrupo 1, categoría b; grupo C, subgrupos 2, 3, 4, 6, 8 e 9, categoría b; grupo I, subgrupo 9, categoría b; grupo J, subgrupos 2 e 4, categoría b.

Prazo de presentación de plicas: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: no Pazo Provincial, ás 10 horas do día hábil seguinte ó da terminación do prazo de presentación de proposicións.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación Provincial de Pontevedra. Teléfono: 986 80 41 01.

Pontevedra, 12 de xullo de 2001.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado