Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 26 de xullo de 2001 Páx. 10.275

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PORTOMARÍN

ANUNCIO.

Formulado o avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Portomarín, que foi sometido ó coñecemento plenario o 25 de xuño de 2001, por este anuncio e de conformidade co disposto no artigo 41 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, ábrese un período de información pública polo prazo dun mes, contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal as entidades e os particulares poderán suxeri-lo que consideren oportuno e presentar propostas e convenios urbanísticos que coiden procedentes.

Portomarín, 12 de xullo de 2001.

Eloy Rodríguez López

Alcalde