Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 26 de xullo de 2001 Páx. 10.250

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2001, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan a concurso de traslado, prazas vacantes de nova creación entre oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza.

Vacantes na Administración de xustiza postos de traballo dos corpos nacionais de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza dotados orzamentariamente, cómpre a súa convocatoria en concurso de traslado, de conformidade co establecido nos artigos 455 e 494 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo do poder xudicial e o capítulo III do título IV do Regulamento orgánico do corpos de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza aprobado por Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro.

Por todo iso, o Ministerio de Xustiza, coordinadamente coa Comunidade Autónoma de Galicia, dispoñen convocar concurso para a provisión dos postos que se relacionan no anexo I segundo as seguintes

Bases:

Primeira.-Postos que se poden solicitar.

1. Poderán tomar parte neste concurso e solicita-las vacantes de postos de traballo de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza os funcionarios pertencentes ós devanditos corpos, calquera que sexa a súa situación administrativa, agás os suspensos que non rematasen o período de suspensión, sempre que reúnan as condicións para concursar conforme o establecido no artigo 57 do Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro.

2. Poderán solicitar calquera das prazas incluídas no anexo I desta convocatoria, sempre que reúnan os requisitos xerais esixidos na data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

As devanditas vacantes identificaranse polo código do centro de destino, relación de postos de traballo, número de orde do posto de traballo e polo literal correspondente ós ditos códigos. Coa soa solicitude dun posto de traballo dun dos órganos xudiciais enténdense pedidas tódalas vacantes do corpo existentes no devandito órgano.

Segunda.-Requisitos e condicións de participación.

1. Os funcionarios dos corpos de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza só poderán participar se na data de remate do prazo de presentación de instancias transcorreu un ano desde a toma de posesión no seu actual posto de traballo definitivo (artigo 57 c) do Real decreto 249/1996).

2. Os funcionarios en servicio activo con destino provisional estarán obrigados a participar no presente concurso.

No caso de que non obtivesen destino no concurso atribuiráselle-lo desempeño provisional dun posto correspondente ó seu corpo.

3. Os funcionarios que se atopen nas situacións de excedencia voluntaria establecidas no artigo 34 b) e c) do Real decreto 249/1996 (excedencias por agrupación familiar e por interese particular), só poderán participar no concurso se na data de remate do prazo de presentación de solicitudes transcorresen dous anos como mínimo desde que fosen declarados nesa situación.

4. Os funcionarios en situación de excedencia para o coidado de fillos ó abeiro do disposto no artigo 35 do Real decreto 249/1996, só poderán concursar se transcorreu un ano desde a toma de posesión do derradeiro destino definitivo.

5. Os excedentes forzosos, os suspensos definitivos que perdesen o seu posto de traballo e os excedentes voluntarios do artigo 34 a) do Regulamento orgánico aprobado por Real decreto 249/1996, gozarán, por esta orde, a primeira vez que se anuncie a concurso vacante do corpo na mesma localidade onde servían cando se produciu o seu cesamento no servicio activo, de dereito preferente para ocupala (artigo 44.3º do Regulamento orgánico).

6. Regulación do dereito de preferencia establecido no artigo 44.3º do Regulamento orgánico: dado que a preferencia estende os seus efectos a tódalas prazas dunha localidade determinada, para exercer este dereito haberán de solicitar tódalas vacantes que se oferten na localidade para a que se exerza a preferencia e agrupar estas peticións nos primeiros números de orde de preferencia da solicitude, ordenando o resto dos postos, pedidos sen preferencia, a continuación. Igualmente deberán solicitalo na súa instancia especificando a provincia ou municipio do último destino servido en propiedade e de forma definitiva, achegando fotocopias compulsadas dos documentos acreditativos da dita preferencia.

Non se terá en conta a preferencia, se non solicita tódalas vacantes da localidade da que se trate, se non o especifica na instancia no punto correspondente ou non achega os documentos aludidos no parágrafo anterior.

7. Non se poderá adxudicar ós funcionarios un posto do traballo correspondente ó mesmo centro onde estean destinados, coa excepción previda no artigo 52 c) do Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro, ó regula-la reordenación de efectivos.

8. Rematado o prazo de presentación de instancias, publicarase nos taboleiros de anuncios das xerencias territoriais de Xustiza, audiencias provinciais e tri

bunais superiores de Xustiza, unha relación de admitidos e excluídos ó presente concurso, así como os motivos de exclusión.

Terceira.-Baremos.

A valoración de méritos para a adxudicación dos postos de traballo farase de acordo co baremo establecido para valora-la antigüidade e o coñecemento da lingua oficial propia das comunidades autónomas, e os coñecementos informáticos naquelas prazas para as que asi se estableza.

1. Antigüidade. Polos servicios efectivos no corpo outorgarase un punto por cada ano completo de servicios, e computaranse proporcionalmente os períodos inferiores (0,0027777 por día, establecéndose os me-

ses como de 30 días).

2. Coñecemento oral e escrito da lingua oficial propia da Comunidade Autónoma. Nas prazas situadas na comunidade autónoma de Galicia, o coñecemento oral e escrito desta debidamente acreditado por medio de certificación oficial da Comunidade Autónoma, ou homologación do título achegado e do nivel ó que corresponda o título, supón o recoñecemento para estes efectos de ata 6 puntos segundo o nivel de coñecementos acreditado nos termos da disposición adicional segunda do regulamento orgánico aprobado por Real decreto 249/1996, de 16 de febreiro na forma seguinte:

a) Curso de iniciación e perfeccionamento ou curso básico de linguaxe xurídica galega: dous puntos.

b) Curso medio de linguaxe xurídica galega: catro puntos.

c) Curso superior de linguaxe xurídica galega: seis puntos.

3. Coñecementos informáticos. Nas prazas que hai que prover que comporten especiais coñecementos informáticos e que así se sinalen nas relacións de prazas a solicitar do anexo I, a quen acredite mediante fotocopia compulsada de certificación oficial os ditos coñecementos, outorgaráselle para estes efectos ata 6 puntos ademais da antigüidade ou dos puntos obtidos polo coñecemento da lingua oficial propia da Comunidade Autónoma que corresponda, de conformidade co establecido no punto 10 do artigo 54 do Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro. Para tal efecto teranse en conta os seguintes criterios:

1º) Nivel 1: certificados oficiais de asistencia e/ou aproveitamento de cursos de informática expedidos polo Ministerio de Educación e Cultura, Ministerio para as Administracións Públicas, Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, comunidades autónomas sen competencias transferidas e centros homologados e/ou recoñecidos, 0,50 puntos por curso, cun máximo de dous puntos.

2º) Nivel 2: certificados oficiais de asistencia e/ou aproveitamento de cursos de informática expedidos polo Ministerio de Xustiza e departamentos de Xustiza das comunidades autónomas con competencia en materia de xestión de persoal ó servicio da Admón. de Xustiza e centros homologados e/ou recoñecidos, cunha duración de ata 100 horas lectivas, tres puntos.

3º) Nivel 3: certificados oficiais de asistencia e/ou aproveitamento de cursos de informática expedidos

polo Ministerio de Xustiza e departamentos de xustiza das Comunidades Autónomas con competencia en materia de xestión de persoal ó servicio da Admón. de Xustiza e centros homologados e/ou recoñecidos, cunha duración de máis de 100 horas lectivas, cuatro puntos.

4º) Nivel 4: títulos de formación profesional II ou III grao, especialidade informática, diplomatura en informática, cinco puntos.

5º) Nivel 5: licenciatura en informática, seis puntos.

Os devanditos criterios non terán carácter acumulativo. No caso de que o funcionario alegue coñecementos informáticos aplicables a dous ou máis criterios se considerará unicamente aquel que lle otorgue maior puntuación, e para o caso de non constar as horas do curso impartido polo Ministerio de Xustiza ou Comunidade Autónoma con competencia en xestión de persoal ó servicio da Admón. de Xustiza, considerarase do valor dos sinalados no punto 2º desta clasificación.

Cuarta.-Modelos e prazos de presentación de solicitudes.

1. Os funcionarios destinados definitivamente en postos das relacións de postos de traballo dos corpos de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza correspondentes a Galicia, así como os que se atopen en situación de servicios especiais e excedentes por coidado de fillo que teñen reservado o seu posto de traballo en Galicia, presentarán a súa solicitude axustada ó modelo V-I publicado como anexo II desta resolución no prazo de 10 días naturais seguintes ó da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia, ou contados a partir do día seguinte a súa publicación no BOE, no caso de que a publicación non se faga simultaneamente no BOE e no Diario Oficial de Galicia, dirixida á directora xeral de Xustiza da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, Edificio Administrativo San Caetano s/n, 15771 Santiago de Compostela.

2. Os funcionarios destinados en postos das relacións de postos de traballo doutros corpos da Administración de Xustiza ou doutras administracións que se atopen en excedencia do artigo 34 letra a) do Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro, nos corpos de oficiais, auxiliares e axentes que fagan constar como primeiro destino calquera dos convocados mediante esta resolución, radicados en Galicia, utilizarán o modelo V-2 publicado como anexo II a esta resolución no prazo de 10 días naturais seguintes ó da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia, ou contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no BOE, no caso de que a publicación non se faga simultaneamente no BOE e no Diario Oficial de Galicia, dirixida á directora xeral de Xustiza da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, Edificio Administrativo San Caetano s/n, 15771 Santiago de Compostela.

3. Os restantes solicitantes que desexen participar no presente concurso, como os excedentes forzosos ainda que tiveren un destino provisorio, os suspensos definitivos que perderan o seu posto de traballo, os

participantes con destino provisional por ter reingresado no servicio activo, asi como os restantes excedentes voluntarios por agrupación familiar ou por interese particular, que fagan constar como primeiro destino calquera dos convocados mediante esta resolución, radicados en Galicia, utilizarán o modelo V-3 publicado como anexo II a esta resolución no prazo de 10 días naturais seguintes ó da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia, ou contados a partir do día seguinte a súa publicación no BOE, no caso de que a publicación non se faga simultaneamente no BOE e no Diario Oficial de Galicia, dirixida á directora xeral de Xustiza da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, Edificio Administrativo San Caetano s/n, 15771 Santiago de Compostela.

4. As solicitude poderán remitirse tamén na forma prevista no artigo 38 da Ley de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As que se presenten nas oficinas de correos se enviarán en calquera das duas modalidades seguintes:

a) Por correo ordinario, neste caso deberá ter entrada no rexistro xeral do Ministerio de Xustiza, Xerencias Territoriais ou rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Comunidade Autónoma de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano s/n 15771 Santiago de Compostela), para os funcionarios destinados nos xulgados e tribunais de Galicia, en todo caso antes da data de remate do prazo de presentación de instancias.

b) Por correo certificado, neste suposto se presentarán nas oficinas de correos en sobre aberto para ser datadas e seladas polo funcionario de correos antes de ser remitidas. Os participantes no concurso deberán enviar a instancia que teña o selo da oficina de correos, sen que poida admitirse pasado o prazo de presentación de instancias aquela que non cumpra este requisito, aínda que posteriormente se poidera acreditar tal extremo.

5. Os excedentes voluntarios por interese particular engadiran a súa solicitude declaración de non haber sido separado de calquera das administracións públicas.

6. A solicitude para tomar parte neste concurso será única para cada funcionario participante, aínda que se soliciten prazas radicadas no territorio das comunidades autónomas con competencias transferidas, que polo tanto figuren nas convocatorias que simultaneamente a esta se realicen polos gobernos autonómicos e se publíquen nos boletíns oficiais das comunidades autónomas respectivas.

Do mesmo modo mediante unha única instancia deberán optar por participar desde o corpo no que o funcionario se atope en activo, ou reingresar ó servicio activo no corpo do que formen parte como excedentes.

Ó resultar irrenunciables os destinos obtidos a instancia do funcionario no caso de obter destino, o reingresado ó servicio mediante concurso de traslado, quedará automaticamente en excedencia no corpo no que se atopase en activo.

7. A solicitude formulada será vinculante para o peticionario unha vez transcorrido o período de presentación de instancias.

8. No caso de discrepancia entre a transcripción do código informático dun posto concreto e seu literal, quedaría anulada a petición de dito posto.

Quinta.-Peticións condicionadas.

No caso de estar interesados nas vacantes que se anuncian para unha mesma provincia dous funcionarios pertencentes ós corpos de oficiais, auxiliares e axentes, poderán condicionar a súa petición ó feito de que ámbolos dous obteñan destino na mesma provincia, entendéndose no caso contrario anuladas as peticións condicionadas efectuadas por ámbolos dous. Os funcionarios que se acollan a esta petición condicional, deberan concretalo na súa instancia, e engadir fotocopia da petición do outro funcionario.

No caso de que non se engadira a fotocopia da instancia do segundo concursante, se entenderá anulada a petición condicionada efectuada por ámbolos dous.

Os funcionarios que se acollan a esta base, deberán agrupar os postos que condicionan nos primeiros números de orde de preferencia da solicitude, poñendo o resto dos non condicionados a continuación.

Sexta.-Adxudicacións.

1. A orde de prioridade para a adxudicación dos postos de traballo virá dada pola puntuación total obtida segundo os baremos da base terceira.

2. No caso de empate na puntuación total, se acudirá para dirimilo á orde na escala do funcionario.

Sétima.-Carácter dos destinos adxudicados.

1. Os traslados que se deriven da resolución do presente concurso, terán a consideración de voluntarios para os efectos previstos no Real decreto 236/1988, do 4 de marzo, sobre indemnizacións por razóns de servicio.

2. Os destinos adxudicados serán irrenunciables.

Oitava.-Resolución e prazo posesorio.

1. Esta convocatoria resolverase por resolución provisional da directora xeral de Xustiza da Xunta de Galicia, de xeito que se publiquen simultaneamente nos taboleiros de anuncios do Ministerio de Xustiza, da Xerencia Territorial de Xustiza da Comunidade Autónoma, así como dos tribunais superiores de Xustiza e audiencias provinciais.

Previamente a resolución provisional exporase nos ditos taboleiros de anuncios, a relación de admitidos

e excluídos, coas causas de exclusión e prazo para emendar posibles erros materiais.

2. As resolucións provisionais expresarán o posto de orixe dos funcionarios ós que se lles adxudique destino e a súa localidade, así como a súa situación administrativa, se esta é distinta á de activo e o posto adxudicado a cada funcionario con referencia ó centro de traballo e localidade.

3. Contra as resolucións provisionais polas que se resolvan os concursos de traslado cabe formular alegacións no prazo de dez días naturais desde a súa publicación nos taboleiros de anuncios referidos, perante a autoridade á quen se dirixiu a petición de participación no presente concurso, utilizando para iso o modelo que se xunta a esta resolución como anexo IV. Resoltas estas, por outra resolución o concurso de traslado obterá firmeza.

As alegacions serán resoltas ante a publicación da resolución definitiva do concurso.

4. A toma de posesión producirase o 17 de decembro de 2001, e deberán cesar nos seus antigos destinos tres ou dez días naturaies, segundo se produza ou non cambio de localidade.

5. Se a resolución comporta reingreso o servicio activo, a toma de posesión producirase o 17 de decembro de 2001.

6. Se non se lograse a simultaneidade de publicación da resolución co Diario Oficial de Galicia, os prazos comezarán desde o día seguinte ó da publicación no BOE.

7. O cómputo dos prazos posesorios se iniciará cando rematen os permisos ou licencias que estean desfrutando os funcionarios, non sendo que por circunstancias excepcionais debidamente motivadas se suspenda ou revogue o seu desfrute.

Novena.-Recursos.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo da provincia da Coruña no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa publicación no BOE, de conformidade co establecido nos artigos 14.2º e 25 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora de la xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2001.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Directora xeral de Xustiza

ANEXO I

AXENTES

Descrición do posto de traballoDotaciónPreferencias

Comunidade Autónoma de GaliciaCódigoRPTNº ordeVacantesIdiomaInformática

Primeira Instancia número once

Vigo (Pontevedra)

92521011365603551SiNon

Vixiancia Penitenciaria número dous

Pontevedra

92527000360013551SiNon

Audiencia Provincial-Sección 6ª

Vigo (Pontevedra)

92512006365603551SiNon