Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 26 de xullo de 2001 Páx. 10.236

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do texto e das actas do acordo de rectificación do artigo 25 e das partes asinantes do convenio colectivo para o sector da construcción da provincia de Ourense.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector da construcción da provincia de Ourense (código de convenio número 3200155), con entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xusticia, Interior e Relacións Laborais o día 26 de abril de 2001, subscrito con data 5 de abril de 2001, dunha parte pola Asociación de Empresarios de la Construcción de Ourense, en representación da parte empresarial, e doutra polas centrais sindicais Fecoma-CC.OO. e MCA-UGT, en representación dos traballadores do sector, e as actas de acordo de rectificacion do artigo número 25 e das partes asiantes deste.

Esta delegacio provincial de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Amdinistración do Estado á Comuniade Autómoma de Galicia, en materia de traballo e demais normas aplicables de dereito común,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación as representaciós económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 31 de maio de 2001.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Convenio colectivo para o sector da construcción da provincia de Ourense para o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2001

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo será de aplicación e obrigado cumprimento nas seguintes actividades:

As dedicadas á construcción e obras públicas comprendendo:

-Albanelería.

-Formigón.

-Pintura para decoración e empapelado.

-Carpintería de armar.

-Embaldosado e colocación de pisos.

-Empedrado e colocación de lastros.

-Escultura, decoración e escaiola.

-Estucado e rebocado.

-Pedra e mármore, incluíndose as fábricas e talleres de serra e labra, tanto mecánica como manual.

-Portlandista de obra

-Pocería

-Canteiras, graveiras, areeiras e a explotación e manufactura de terras industriais, ben explotadas a ceo aberto, galerías ou minas e vetas explotadas para uso propio polas empresas dedicadas principalmente á construcción e obras públicas en xeral, aínda que a producción non sexa absorbida totalmente por elas.

-Canteiras, graveiras, e areeiras, a materia das cales se destine á construcción de obras públicas e que non sexan explotadas directamente por empresas constructoras.

-Os traballos que se realicen nos portos en terra firme, peiraos e espigóns.

-Fabricación de elementos auxiliares e materiais da construcción para a súa exclusiva ou preferente utilización ou consumo, absorbéndose nas propias obras toda a maior parte da dita producción.

-Rexeneración de praias.

-Movemento de terras

-Carpintería utilizada polas empresas de construcción, ben sexa nas obras ou nos seus talleres; sen embargo, non será de aplicación este convenio a aqueles obradoiros de carpintería que aínda traba

llando con elementos para a construcción non pertenzan a empresas deste ramo.

-Colocación de artigos de pedra artificial, pulimentada ou sen pulimentar, así como a súa fabricación na propia obra para a utilización exclusiva desta.

-Abastecemento e saneamento de augas, colocación de tubaxes e dos seus elementos accesorios; apertura e cerramento de gabias e as súas reparacións, incluíndo as que se realizan para calquera clase de instalacións de abastecementos, tales como gas, teléfonos, eléctricas, ... cando sexa empregado, principalmente, persoal de construcción e obras públicas.

-A construcción de canizos e falsos teitos.

-As empresas inmobiliarias, incluídas as cooperativas de vivendas.

-As empresas dedicadas ó estudio, planeamento e construcción de obras públicas particulares (estradas, viaductos, túneles, autoestradas, pasaxes elevados) ou simplemente á realización das obras indicadas.

-A promoción ou execución de urbanizacións.

-A promoción da edificación de inmobles de calquera xénero.

-Empresas dedicadas a cimentacións e as que realicen sondaxes para a construcción principalmente.

-Empresas que teñan como actividade principal o aluguer de maquinaria e o equipamento para a construcción, co persoal para o seu manexo.

-Empresas de rehabilitación, mantemento e demolición de obras.

-Obradoiros de fabricación de ferralla, que teñen como destino principal a construcción.

b) Embarcacións, artefactos flotantes e ferrocarrís auxiliares de obras de portos.

c) Canteiras, areeiras, graveiras e a explotación de terras industriais.

d) Comercio de construcción maioritario e exclusivista.

e) A conservación e mantemento de autoestradas, autovías, estradas e vías férreas.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Afecta a tódolos traballadores que presten os seus servicios laborais nas empresas descritas no artigo anterior e os que sexan contratados durante a vixencia deste convenio, tanto nas empresas establecidas como naquelas que poidan establecerse. Igualmente, afectará a todos aqueles traballadores que, prestando servicios laborais nunha empresa ourensá, se despracen fóra da provincia.

Artigo 3º.-Vixencia.

O presente convenio substitúe e anula os anteriores acordos vixentes, entrando en vigor o día da súa publicación no BOP de Ourense.

Terá efectos económicos retroactivos desde o 1 de xaneiro de 2001. A cotización dos atrasos á Seguridade Social farase conxuntamente coa do mes correspondente á data do cobro efectivo por parte dos traballadores, quedando condicionada ó referido aboamento efectivo. As diferencias económicas deberán ser aboadas, se é o caso, dentro dos quince días seguintes á data de vixencia do presente convenio.

Os traballadores que extinguisen o seu contrato de traballo con anterioridade á sinatura do presente convenio, terán igual dereito o cobro dos referidos retrasos.

Artigo 4º.-Duración.

O presente convenio terá unha duración anual, estendéndose desde o 1 de xaneiro de 2001 ata o 31 de decembro de 2001. Denunciado o convenio, e en canto non se logre acordo expreso, perderán vixencia soamente as súas cláusulas obrigacionais, manténdose en vigor o seu contido normativo.

A denuncia será sempre expresa e por escrito e cunha antelación mínima de dous meses á data do seu vencemento ou de calquera das súas prórrogas, se é o caso.

Artigo 5º.-Compensación, absorción e garantía ad personam.

Os traballadores que con anterioridade á sinatura deste convenio estivesen a gozar de mellores condicións que as aquí pactadas, conservaranas na súa totalidade e, en consecuencia, serán absorbidas polo mesmo se as condicións deste convenio, consideradas globalmente e no cómputo anual, superan as citadas melloras.

Artigo 6º.-Lexislación complementaria.

No non previsto neste convenio, aplicarase o que dispoñan as demais fontes do dereito, respectando o seu principio xerárquico.

Artigo 7º.-Comisión paritaria.

Constitúese no día da data o comité paritario, composto por dous representantes sindicais e dous representantes da Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción de Ourense, e que ten como cometido a interpretación e seguimento do presente convenio.

Os acordos deste comité terán a mesma eficacia que a cláusula que fose interpretada. Como membros integrantes deste comité, e por parte das centrais sindicais, desígnanse como titulares:

Por MCA-UGT: Javier Carreiro Vázquez.

Por FECOMA-CC.OO.: José Gómez Gómez.

E pola Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción de Ourense:

José Antonio Pérez Fernández.

Cesáreo Fernández Ríos.

A comisión deberá de reunirse, alomenos, unha vez ó trimestre, e o seu funcionamento realizarase na forma que ela acorde.

Artigo 8º.-Funcións e procedementos da comisión paritaria.

1. A comisión paritaria que se refire o artigo anterior terá as seguintes funcións:

a) Vixilancia e seguimento do cumprimento do presente convenio.

b) Interpretación da totalidade dos preceptos do presente convenio.

c) Por instancia dalgunha das partes, mediar e/o intentar conciliar, se é o caso, e logo de acordo destas e por solicitude delas, arbitrar en cantas ocasións e conflictos, todos eles de carácter colectivo, poidan suscitarse na aplicación do presente convenio.

d) Entender, de forma previa e obrigatoria á vía administrativa e xurisdiccional, nos termos previstos no número 2 deste artigo, sobre a presentación de conflictos colectivos que xurdan pola aplicación e interpretación do presente convenio.

e) Cantas outras funcións tendan á maior eficacia práctica do presente convenio, ou se deriven do estipulado no seu texto e anexos que formen parte del.

2. Como trámite que será previo e preceptivo a toda actuación administrativa ou xurisdiccional que se promova, as partes signatarias do presente convenio obríganse a poñer en coñecemento da comisión paritaria cantas dúbidas, discrepancias e conflictos colectivos, de carácter xeral, puideran establecerse en relación coa súa interpretación e aplicación, sempre que sexan da súa competencia conforme o establecido no número anterior, co fin de que, mediante a súa intervención se resolva o problema suscitado ou, se iso non fose posible, emita dictame ó respecto. O dito trámite previo entenderase cumprido no caso de que transcorrese o prazo previsto no seguinte número 5 sen que emitise resolución ou dictame.

3. Sen prexuízo do pactado no número 3 do artigo 20 do CGSC, establécese que as cuestións propias da súa competencia que se promovan ante a comisión paritaria adoptarán a forma escrita, e o seu contido será o suficiente para que poida examinar e analiza-lo problema co necesario coñecemento de causa, debendo ter como contido obrigatorio:

a) Exposición sucinta e concreta do asunto.

b) Razóns e fundamentos que entenda asistiren ó propoñente.

c) Proposta ou petición concreta que se formule á comisión.

O escrito-proposta irá acompañado de cantos documentos se entendan necesarios para a mellor comprensión e resolución do problema.

4. A comisión poderá requirir, por vía de ampliación, canta información ou documentación estime

pertinente para unha mellor ou máis completa información do asunto, para o cal concederá un prazo ó propoñente que non poderá exceder de cinco días hábiles.

5. A comisión paritaria, unha vez recibido o escrito-proposta ou, se é o caso, completada a información pertinente, disporá dun prazo non superior a vinte días hábiles para resolve-la cuestión suscitada ou, se iso non fose posible, emiti-lo oportuno dictame. Transcorrido o dito prazo sen producirse resolución nin dictame, quedará aberta-la vía administrativa ou xurisdiccional competente.

6. As partes asinantes asumen o contido íntegro do acordo sobre solución extraxudicial de conflictos laborais (Asec) e do seu regulamento de aplicación, publicados no BOE do 8 de febreiro de 1996, que desenvolverá os seus efectos nos ámbitos do convenio xeral do sector da construcción (CGSC), co alcance previsto no propio Asec.

Artigo 9º.-Xornada laboral.

Durante a vixencia do presente convenio establécese unha xornada laboral anual de 1.756 horas para 2001.

Establécese unha xornada laboral de corenta horas semanais de traballo efectivo, distribuídas en oito horas diarias de luns a venres, ambos inclusive.

Para axusta-lo calendario laboral anual no presente exercicio 2001, fíxanse como días non laborais o 26 de febreiro (luns de entroido), 30 de abril, 17 e 18 de maio, 2 de novembro, 7, 24 e 31 de decembro, e catro horas correspondentes á xornada de tarde do día 21 de decembro.

Logo de acordo entre empresa e traballador, as ditas datas poden ser permutadas por outras.

Cando un festivo local coincida con algún festivo de convenio, este pasarase ó anterior ou posterior día laboral.

Estes días así establecidos non computarán para o efecto do desfrute das vacacións.

Artigo 10º.-Soldo base e remuneración total.

Segundo anexo I.

Artigo 11º.-Complemento de asistencia.

Establécese un complemento de asistencia para os traballadores das categorías II e XIV con rendemento normal e que non teñan ningunha falta de asistencia ó traballo non xustificada (importe según anexo I).

Artigo 12º.-Perda do complemento de asistencia.

A primeira xornada non traballada completa suporá a perda de catro días do complemento; a segunda, a perda de dez días do complemento, e a terceira, a perda total.

As faltas inxustificadas computaranse dentro de cada mes natural, e para determina-lo complemento de asistencia diario divídese entre vintecinco a cantidade que consta na táboa de remuneracións.

A perda deste complemento é independente das sancións que poidan ser impostas consonte a normativa vixente.

Artigo 13º.-Complemento de transporte.

Establécese un complemento de transporte que se aboará a tódolos traballadores, calquera que sexa a distancia que separa o centro de traballo do seu domicilio. Será satisfeito única e exclusivamente en xornada completa realmente traballada.

Este complemento non cotizará Seguridade Social nin accidente de traballo.

Artigo 14º.-Incrementos económicos.

Para o ano 2001, e tal como se reflicte no anexo I, aplícase un incremento económico do dous con oito por cento (2,8%) sobre os conceptos de salario base, gratificacións extraordinarias, retribución de vacacións e complementos salariais, así como un incremento lineal do complemento de transporte de 250 pesetas lineais para tódalas categorías.

Artigo 15º.-Cláusulas de garantía salarial.

Para o ano 2001, no suposto de que o índice de prezos de consumo (IPC) o 31 de decembro de 2001 supere o 2,4%, efectuarase unha revisión económica sobre o exceso producido desde o mes en que o IPC supere o 2,4%. A diferencia por atrasos dos mesese en que o IPC superase o 2,4% deberá ser aboada, se é o caso, dentro dos 15 días seguintes, contados desde a data da publicación do acordo no BOP.

Artigo 16º.-Axudas de custo.

Establécese unha axuda de custos igual para tódolos traballadores de 3.500 pesetas diarias, e unha media axuda de custo de 1.550 pesetas diarias. Non obstante, pódense substituí-los ditos importes pola fórmula, que de común acordo se establecerá, de gastos por xustificar.

Artigo 17º.-Antigüidade consolidada.

Como consecuencia do Acordo Sectorial Nacional da Construcción sobre o concepto económico de antigüidade asinado o 18 de outubro de 1996 (BOE do 21 de novembro), xa incorporado ó presente convenio provincial, asúmense por ámbalas partes asinantes os seguintes compromisos:

a) Os traballadores manterán e consolidarán os importes ós que tiveran dereito, polo complemento persoal de antigüidade, o 21 de novembro de 1996.

Ó importe anterior así determinado engadiráselle, se é o caso, a cada traballador que xa viñese percibindo contía por este concepto, o importe equivalente á parte proporcional de antigüidade que o traballador tivese devengada e non cobrada no 21 de novembro de 1996, calculándose por defecto ou por exceso, por anos completos. Para o cálculo dos importes desta parte de antigüidade devengada e non cobrada terase en conta os importes que para cada categoría e nivel fixe o convenio.

b) Os importes obtidos, ó abeiro dos previstos na alínea a) manteranse invariables e por tempo indefinido como un complemento retributivo ad personam, e dicir, non sufrirán modificacións en ningún sentido e por ningunha causa, extinguíndose xuntamente coa extinción do contrato do traballador afectado coa súa empresa. O dito complemento retributivo ad personam reflectirase nos recibos oficiais de salario coa denominación de antigüidade consolidada.

Artigo 18º.-Prima de casado.

A todo traballador fixo que leve como mínimo seis meses de servicio na empresa e que contraia matrimonio, outorgaráselle unha gratificación por matrimonio de quince mil pesetas.

Artigo 19º.-Roupa de traballo.

Ó persoal afecto por este convenio seralle entregado pola empresa unha peza de roupa de traballo ou funda e un par de botas normais e adecuadas ó centro de traballo e cada seis meses, sendo obrigatorio o seu uso cando o traballo así o requira.

As pezas de roupa son propiedade en todo momento da empresa e o traballador estará obrigado o seu bo uso e conservación. As empresas poderán facer constar nelas os seus nomes, anagramas e actividades. O incumprimento da dita entrega suporá o aboamento de cincocentas pesetas mensuais ó traballador.

Artigo 20º.-Indemnización compensación no caso de accidente laboral e hospitalización.

Tódolos traballadores afectados por este convenio, no caso de accidente laboral, hospitalización, e/o enfermidade profesional, percibirán durante o período de IT ou hospitalización, se é o caso, e a cargo da empresa, a diferencia entre o salario líquido que viña percibindo nunha mensualidade normal e a prestación económica por IT, incluíndo as pagas extraordinarias ou o rateo delas. É dicir, o empresario complementará a prestación por IT ata o 100% do salario do salario que convencionalmente lle corresponda ó traballador.

Artigo 21º.-Indemnizacións.

Establécese a seguinte indemnización para tódolos traballadores afectados por este convenio.

a) No caso de morte derivada de enfermidade común ou accidente non laboral, o importe dunha mensualidade de tódolos conceptos das táboas do convenio aplicable vixentes en cada momento.

b) No caso de morte, incapacidade permanente absoluta e grande invalidez, derivadas de accidente de traballo (incluído in itinere) e/ou enfermidade profesional: 6.000.000 de pesetas.

c) No caso de incapacidade permanente total para profesión habitual do traballador no sector da construcción, derivada de accidente de traballo (incluído in itinere) ou enfermidade profesional: 1.250.000 pesetas.

Nos supostos de morte, as indemnizacións establecidas aboaránselle á viúva ou beneficiarios do traballador, segundo as normas da Seguridade Social.

A referida póliza só abranguerá os procesos iniciados a partir da súa vixencia e validez.

Esta indemnización é compatible coa pensión ou indemnización que poida causa-lo traballador na Seguridade Social ou mutualidade.

Malia o anterior, a indemnización aboada con cargo ás pólizas de seguros de accidente terá a consideración de entregas á conta das indemnizacións que no seu día fixen os xulgados e tribunais de xustiza por sentencia definitiva e firme, e que sexan a cargo da empresa.

Artigo 22º.-Permisos e licencias.

Concederanse as seguintes licencias retribuídas ós traballadores que o soliciten e xustifiquen nos seguintes casos:

-Os sinalados no convenio xeral do sector da construcción.

-Dous días naturais por matrimonio de fillos.

-O tempo necesario, xustificado, por asistencia médica.

-Un día natural en caso de falecemento de tíos/as e sobriños/as carnais (terceiro grao consanguíneo)

Artigo 23º.-Cesamento dos traballadores.

O persoal que cese incumprindo o requisito de comunicalo á empresa con oito días de antelación perderá as remuneracións dos días que non preavise.

A dita comunicación deberá facela verbalmente ou por escrito, con obriga por parte da empresa de expedi-lo xustificante correspondente.

Artigo 24º.-Repercusión en prezos.

A comisión deliberadora do convenio, por unanimidade, estima e declara que as melloras establecidas nel producen un incremento salarial que eleva os gastos de man de obra e que por iso serán repercutibles nos prezos, tanto nas obras contratadas con calquera das administracións como con particulares.

Artigo 25º.-Seguridade e hixiene.

O traballador terá dereito a acudir a cursos de seguridade e hixiene e que teñan relación directa coa actividade do empregador. Empresa e traballadores poranse de acordo na forma de materializar esta participación, conxugando o dereito destes últimos e os intereses da primeira. No caso de que non se chegue ó dito acordo, serán vinculantes as instruccións e criterios da dita Comisión Provincial de Seguridade e Hixiene.

Por outro lado, as partes signatarias acordan mante-la súa presencia na Comisión Provincial de Seguridade e Hixiene no traballo, onde está representadas tódalas centrais sindicais (MCA-UGT, FECO

MA-CC.00., FCM-CIG) e ACO, así como a buscar tódolos mecanismos posibles para unha mellora xeral das condicións de seguridade e hixiene para o traballador.

Serán funcións desta comisión:

-Solicitar do Ministerio de Traballo e da Xunta de Galicia o recoñecemento oficial como interlocutor social sectorial en materia de seguridade e hixiene, tanto no seu aspecto lexislativo como no desenvolvemento de plans e medidas formativas.

-Estudiar e acorda-los mecanismos oportunos de coordinación da información provincial en materia de sinistralidade no sector, que subministrarán as comisións específicas provinciais ou, no seu defecto, as comisións paritarias dos convenios.

-Promover cantas medidas consideren tendentes a mellora-la situación do sector nesta materia, tendo como obxectivo estende-la preocupación pola seguridade e hixiene a tódolos niveis, fomentando campañas de sensibilización, etc.

-Acomete-las xestións necesarias para obte-los medios que lle permitan desenvolve-las súas funcións coa eficacia adecuada.

-Cantas outras funcións acorde a propia comisión atribuírse, encamiñadas ós seus fins.

Comisión convenional de seguridade e hixiene:

Como membros integrantes desta comisión convencional, e por parte das centrais sindicais, desígnase como titulares:

Por MCA-UGT: Javier Carreiro Vázquez.

Por FECOMA-CC.OO.: José Gómez Goméz.

E pola Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción de Ourense:

José Antonio Pérez Fernández.

Cesáreo Fernández Ríos.

Esta comisión convencional abordará todo o relacionado coa sinistralidade laboral, prevención, avaliación de riscos e campañas específicas, dentro do propio marco convencional.

Artigo 26º.-Desgaste de ferramentas.

Establécese unha indemnización por desgaste de ferramentas para aqueles traballadores ós que non lle sexan facilitados pola empresa, indemnización que se fixa en 40 pesetas por cada día de traballo efectivo para os niveis VII; VIII, IX, X e XI.

A empresa determinará os casos particulares de achega de ferramentas polo traballador.

Artigo 27º.-Entrega das copias básicas dos contratos.

A obrigatoriedade da entrega da copia básica dos contratos realizarase conforme a Lei 2/1991, do 7 de febreiro.

Artigo 28º.-Formación continua.

Para aqueles traballadores que asistan a accións formativas presenciais, correspondentes á convocatoria da FORCEM 1999, xestionadas pola Fundación Laboral da Construcción, o 50% das horas que precise esa acción será dentro da xornada laboral, ou reduciranse da mesma na dita porcentaxe, sempre que se dean as seguintes condicións:

a) A empresa poderá denega-la asistencia dun traballador a unha acción formativa, mediante resolución motivada, por razóns técnicas, organizativas ou de producción. No caso de denegación, o traballador poderá recorrer ante a comisión territorial da FLC.

b) Os traballadores que poden asistir as accións formativas contempladas neste artigo non superarán anualmente o 10% dos cadros de persoal, nin, naqueles centros de traballo con menos de 10 traballadores, poderá concorrer máis de un.

c) O 50% das horas a cargo da empresa suporá un máximo anual de 20 horas por traballador, podendo distribuírse nunha ou varias accións formativas.

d) O traballador solicitante deberá ter superado o período de proba e ter, en todo caso, unha antigüidade mínima dun mes na empresa.

e) Durante as horas formativas a cargo da empresa o traballador terá dereito ó salario que lle correspondería como se estivese traballando en xornada ordinaria.

f) O traballador deberá de acreditar ante a empresa a asistencia á correspondente acción formativa.

g) Os permisos individuais de formación, recollidos no II Acordo Nacional de Formación Continua, rexeranse polo disposto nel.

Artigo 29º.-Ingreso no traballo.

1. A admisión do persoal efectuarase de acordo coas disposicións vixentes na materia e en ningún caso antes de que o traballador cumprira 16 anos.

2. As empresas están obrigadas a rexistrar na oficina pública de emprego no prazo dos dez días seguintes ó da súa concertación, os contratos celebrados por escrito ou a comunicar, en igual prazo, as contratacións efectuadas aínda que non exista a obriga legal de formalizalas por escrito.

Artigo 30º.-Probas de aptitude.

1. As empresas, previamente ó ingreso, poderanlles realizar ós interesados as probas de selección, prácticas e psicotécnicas, que consideren necesarias para comprobar se o seu grao de aptitude e a súa preparación son adecuados á categoría profesional e posto de traballo que fosen desenvolver.

2. O traballador, con independencia da súa categoría profesional, e antes da súa admisión na empresa, someterase a un recoñecemento médico, segundo se establece no artigo seguinte.

3. Unha vez considerado apto, o traballador contratado deberá inscribirse no libro de matrícula do centro de traballo correspondente, achegando para iso a documentación necesaria e asinar nel.

Artigo 31º.-Recoñecementos médicos.

Sen prexuízo de cantas obrigacións e criterios se establecen, canto á vixilancia da saúde, no artigo 22 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, as partes acordan:

1. A empresa estará obrigada a realizar recoñecemento médico previo á admisión e recoñecementos médicos periódicos a tódolos traballadores ó seu servicio, alomenos unha vez ó ano.

Os recoñecementos periódicos posteriores ó da admisión serán de libre aceptación para o traballador, ben que, por requirimento da empresa, deberá asina-la non-aceptación cando non desexe someterse ós ditos recoñecementos.

2. En tódolos casos o recoñecemento será adecuado ó posto de traballo de que se trate.

3. A Comisión Paritaria Sectorial de Seguridade e Saúde estudiará no futuro a posibilidade e conveniencia de establece-los aspectos mínimos que deba comprender todo recoñecemento médico.

Tamén estudiará a forma de evita-la repetición de recoñecementos médicos a un mesmo traballador nun mesmo ano, por cambio de empresa, unha vez que se implante a cartilla profesional.

4. Serán por conta exclusiva da empresa os custos dos recoñecementos médicos e, nos periódicos, ademais, os gastos de desprazamento orixinados polos mesmos.

Artigo 32º.-Período de proba.

Poderá concertarse por escrito un período de proba que en ningún caso poderá exceder de:

a) Técnicos titulados superiores e medios: 6 meses.

b) Empregados:

Niveis III, excepto titulados medios, IV e V: 3 meses.

Niveis VI ó XI: 2 meses.

Resto do persoal: 15 días naturais.

c) Persoal operario:

Encargados e capataces: 1 mes

Resto do persoal: 15 días naturais

2. Durante o período de proba o traballador terá os dereitos e obrigas correspondentes á súa categoría profesional e posto de traballo que desempeñe, como se fose do cadro de persoal, excepto os derivados da resolución da relación laboral, que poderá producirse a instancia calquera das partes durante o seu transcurso, sen necesidade de aviso previo e sen que ningunha das partes teña dereito a indemnización ningunha, debéndose comunica-la desistencia por escrito.

3. Transcorrido o período de proba sen que se producise a desistencia, o contrato producirá plenos efectos, computándose o tempo dos servicios prestados para efectos de permanencia na empresa.

4. Os titulares da cartilla profesional expedida pola Fundación Laboral da Construcción, con contrato fixo de obra ou outra modalidade de contrato temporal, estarán exentos do período de proba para os traballos da súa categoría profesional, sempre que conste na cartilla profesional ter acreditado o seu cumprimento en calquera empresa anterior.

Artigo 33º.-Contratación.

O ingreso no traballo poderá realizarse de conformidade con calquera das modalidades de contratación reguladas no Estatuto dos traballadores, disposicións complementarias e no convenio xeral do sector da construcción.

Artigo 34º.-Contrato fixo de cadro de persoal.

Este contrato é o que concertan empresario e traballadores para a prestación laboral deste na empresa por tempo indefinido. Esta será a modalidade normal de contratación que realizará o empresario e traballadores en tódolos centros de traballo de carácter permanente.

Artigo 35º.-Contrato para traballo fixo de obra.

É o contrato que ten por obxecto a realización dunha obra ou traballo determinados e formalizarase sempre por escrito.

A duración do contrato e o cesamento do traballador axustarase a algún destes supostos:

1. Con carácter xeral, o contrato é para unha soa obra, con independencia da súa duración e rematará cando finalicen os traballos do oficio e categoría do traballador na dita obra.

O cesamento dos traballadores deberá producirse cando a realización paulatina das correspondentes unidades de obra fagan innecesario o número dos contratados para a súa execución, debendo reducirse de acordo coa diminución real do volume da obra realizada.

O cesamento dos traballadores fixos de obra por terminación dos traballos do seu oficio e categoría deberá comunicarse por escrito ó traballador cunha antelación de quince días naturais. Non obstante, o empresario poderá substituír este aviso previo por unha indemnización equivalente á cantidade correspondente ós días de aviso previo omitidos, calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio, todo iso sen prexuízo da notificación escrita do cesamento. A citada indemnización deberá incluírse no recibo de salarios coa liquidación correspondente ó cesamento.

2. Malia o anterior, o persoal fixo de obra poderá prestar servicios a unha mesma empresa, e en distintos centros de traballo dunha mesma provincia, sempre que exista acordo expreso para cada un dos distintos centros sucesivos, durante un período máxi

mo de tres anos consecutivos, sen perde-la dita condición e devengando os conceptos compensatorios que correspondan polos seus desprazamentos.

Neste suposto, a empresa deberá comunicar por escrito o cesamento ó traballador antes de cumprirse o período máximo de tres anos fixado no parágrafo anterior. Cumprido o dito período, se non mediase comunicación escrita do cesamento, o traballador adquirirá a condición de fixo de cadro de persoal. Canto ó aviso previo do cesamento, observarase o pactado no parágrafo terceiro do número 1.

3. Se se producise a paralización temporal dunha obra por causa imprevisible para o empresario e allea á súa vontade, tras dar conta a empresa á representación dos traballadores do centro ou, no seu defecto, á comisión paritaria provincial, operarán a terminación de obra e cesamento previstos no número 1, a excepción do aviso previo. A representación dos traballadores do centro ou, no seu defecto, a comisión paritaria provincial, disporá, se é o caso, dun prazo máximo improrrogable dunha semana para a súa constatación, contando desde a notificación. O empresario contrae tamén a obriga de ofrecer de novo un emprego ó traballador cando as causas de paralización da obra desapareceran. A dita obriga entenderase extinguida cando a paralización se converta en definitiva. Logo de acordo entre as partes, o persoal afectado por esta terminación de obra poderá incluírse no regulado no número 2.

Este suposto non poderá ser de aplicación en casos de paralización por conflicto laboral.

4. En tódolos supostos regulados nos números anteriores, establécese unha indemnización por cesamento, do 4,5 % calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio, devengados durante a vixencia do contrato.

Artigo 36º.-Outras modalidades de contratación.

1. Os traballadores que formalicen contratos dos regulados no Real decreto 2546/1994, ou norma que o substitúa, ou formalizasen contratos de fomento de emprego dos regulados polo Real decreto 1989/84 con anterioridade á súa derrogación, exceptuando o contrato de fixo de obra regulado no artigo anterior, terán dereito, unha vez finalizado o contrato correspondente por expiración do tempo convido, a percibir unha indemnización de carácter non salarial por cesamento do 7%, se a duración fose igual ou inferior a 365 días, e do 4,5%, se a duración fora superior a 365 días, calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio aplicable devengados durante a vixencia do contrato.

Estes contratos formalizaranse sempre por escrito.

2. É contrato de duración determinada previsto no punto 1.b) do artigo 15 do Estatuto dos traballadores, poderá concertarse para cubrir postos en centros de traballo que non teñan a consideración de obra, tendo unha duración máxima de doce meses nun período de dezaoito meses, computándose a dita

duración desde que se produza a causa que xustifica a súa celebración. En tales supostos, considérase que se produce a causa que xustifica a celebración do citado contrato, nos casos previstos no Estatuto dos traballadores, cando se incremente o volume de traballo, ou se considere necesario aumenta-lo número de persoas que realicen un determinado traballo ou presten un servicio.

3. As empresas afectadas por este convenio, cando utilicen os servicios de traballadores con contratos de posta á disposición aplicarán as condicións pactadas nas táboas salariais do convenio.

Artigo 37º.-Conversión de contratos temporais en indefinidos.

De conformidade coa remisión á negociación colectiva contida no número 2 b) da disposición adicional primeira da Lei 63/1997, do 26 de decembro, acórdase que a partir do 16 de maio de 1998 os contratos de duración determinada ou temporal, incluíndo os contratos formativos, poderán ser convertidos en contratos para o fomento da contratación indefinida suxeitos ó réxime xurídico establecido na expresada disposición adicional.

Artigo 38º.-Contrato para a formación.

1. O sector recoñece a importancia que o contrato para a formación poida ter para a incorporación, con adecuada preparación, de determinados colectivos de mozos. Esta preparación recollerá tanto o aspecto práctico de cada oficio como o coñecemento e adecuación ó sistema educativo xeral. Debemos por iso indica-la oportunidade de que a formación, teórica e práctica, correspondente ós contratos de aprendizaxe se leven a cabo a través das institucións formativas de que se dotou o sector.

2. O contrato para a formación terá como obxecto a adquisición da formación teórica e práctica necesaria para o adecuado desempeño dun oficio cualificado ou dun posto de traballo no sector da construcción.

3. Sen prexuízo da posible adaptación a novas tecnoloxías e a resultas da clasificación profesional actualmente prevista no seu artigo 32º, poderán ser obxecto deste contrato para a formación os oficios incluídos nos niveis VIII e IX da disposición transitoria primeira de CGSC.

4. O contrato para a formación poderá celebrarse con traballadores que cumprisen os 16 anos e menores de 21 anos que non teñan titulación requirida para formaliza-lo contrato para a formación no oficio ou posto obxecto de aprendizaxe ou aprobado algún curso de formación profesional ocupacional homologado da mesma especialidade e cun número de horas teóricas equivalente ou superior ás previstas para a aprendizaxe.

5. O tipo de traballo que debe prestar baixo a modalidade de formación estará directamente relacionado coas tarefas propias do oficio ou mantemento dos utensilios e ferramentas empregados no labor

conxunto, coa dilixencia correspondente á súa aptitude e coñecementos profesionais.

Non poderán contratarse baixo esta modalidade, por razón de idade, os menores de 18 anos para os oficios de vixilante, poceiro e entibador, nin aquelas tarefas que expresamente foran declaradas como especialmente tóxicas, penosas, perigosas e insalubres, con independencia da prohibición legal de realizar horas extraordinarias e traballo nocturno en calquera actividade.

6. A duración do contrato non poderá ser inferior a seis meses nin exceder de tres anos.

Cando se celebre por un prazo inferior ó máximo establecido no parágrafo anterior, poderá prorrogarse antes da súa terminación por acordo entre ámbalas partes, unha ou máis veces, por períodos non inferiores a seis meses, sen que o tempo acumulado, incluído o das prórrogas, poida exceder do referido prazo máximo. O aviso previo de finalización do contrato axustarase ós prazos e forma que indica a normativa de vixente aplicación.

Expirada a duración máxima do contrato para a formación, o traballador non poderá ser contratado baixo esta modalidade pola mesma ou distinta empresa.

7. Para a impartición do ensino teórico, adoptarase como modalidade a de acumulación de horas nun día da semana ou ben o necesario para completar unha semana enteira de formación. No contrato deberase especifica-lo horario do ensino. A formación teórica do contratado baixo a modalidade de formación fíxase nun 15% da xornada.

Cando non sexa posible a formación presencial, por esta-lo centro de formación a máis dunha hora de viaxe ou máis de 50 km, poderase impartir mediante a modalidade de ensino a distancia.

O empresario, no contrato de traballo, está obrigado a designa-la persoa que actuará como titor do aprendiz, que deberá ser aquela que polo seu oficio ou posto cualificado desenvolva a súa actividade auxiliada por este, podendo asumi-las titorías o propio empresario, sempre que desenvolva a súa actividade profesional na mesma obra que o aprendiz.

8. Tódalas accións de formación teóricas previstas para os aprendices financiaranse con cargo ó Acordo Tripartito de Formación Continua dos traballadores ocupados. Para tal efecto, o oportuno plan sectorial de formación contemplará a desagregación de partidas e puntos correspondentes á formación en aprendizaxe.

9. A retribución dos contratados será a seguinte:

Táboas salariais de contratos para a formación:

De 16 e 17 anos1 ano 55%

2º ano 60%

De 18 a 21 anos1 ano 65%

2º ano 70%

Porcentaxes referidas ó salario do nivel IX das táboas de cada convenio.

A dita retribución enténdese referida a unha xornada do 100% de traballo efectivo.

10. O complemento extrasalarial regulado no art. 64 do CGSC será devengado polos contratados en formación en igual contía que o sinalado no respectivo convenio colectivo provincial para o resto dos traballadores, durante os días que dure o contrato.

11. Toda situación de incapacidade temporal do contratado para formación inferior a seis meses comportará a ampliación da duración do contrato por igual tempo a aquel en que o contrato estivera suspendido.

12. Se concluído o contrato, o traballador non continuase na empresa, esta entregaralle un certificado acreditativo do tempo traballado con referencia ó oficio obxecto da aprendizaxe e do aproveitamento que ó seu xuízo, obtivese o aprendiz na súa formación práctica.

Así mesmo, o traballador contratado para a formación terá dereito a unha indemnización por cesamento do 4,5% calculado sobre os conceptos salariais das táboas do convenio devengados durante a vixencia do contrato.

A Fundación Laboral da Construcción, a través dos seus centros propios ou colaboradores, dará a cualificación a través das probas correspondentes, previamente homologadas, tanto de aproveitamento teórico como práctico e decidirá o seu paso á categoría de oficial.

Artigo 39º.-Subcontratación.

As empresas que subcontraten con outras do sector a execución de obras ou servicios, responderán ante os traballadores das empresas subcontratistas nos termos establecidos no artigo 42 do Estatuto dos traballadores, quedando referido o límite de responsabilidade da dita disposición ás obrigas de natureza salarial e cotizacións a Seguridade Social derivadas do convenio colectivo aplicable ó nace-la dita responsabilidade, ou as derivadas do seu contrato de traballo, se foran superiores.

Así mesmo, estenderase a responsabilidade á indemnización de natureza non salarial por morte ou incapacidade permanente absoluta derivadas de accidente de traballo ou enfermidade profesional pactada no convenio aplicable.

A empresa establecerá baixo a súa responsabilidade nos centros de traballo nos que presten servicio traballadores de empresas subcontratistas, os mecanismos de coordinación adecuados no que atinxe á prevención de riscos, información sobre estes, e, en xeral, a canto se relacione coas condicións de seguridade e saúde dos traballadores, así como hixiénico-sanitarias.

Artigo 40º.-Traballo por tarefa, por axuste ou por unidade de obra, con primas á producción ou con incentivo.

1. Caracterízanse estes sistemas por poñeren en relación directa a retribución coa producción do traballo, con independencia, en principio, do tempo investido na súa realización un por teren como obxectivo a consecución dun rendemento superior ó normal.

2. O traballo a tarefa consiste na realización, por xornada, dunha determinada cantidade de obra ou traballo.

Se o traballador rematara a tarefa antes de concluí-la xornada diaria, a empresa poderá ofrecerlle, e este aceptar ou non, entre continuar prestando os seus servicios ata a terminación da xornada, ou que abandone o traballo, dando esta por concluída.

No primeiro caso, a empresa aboará o tempo que medie entre a terminación da tarefa e a conclusión da xornada diaria, como se se tratase de horas extraordinarias, pero sen que se computen estas para o efecto do límite fixado para as mesmas no artigo 35.2º do Estatuto dos traballadores e sen que poida esixirse durante o dito período un rendemento superior ó normal.

3. Nos traballos por axuste ou por unidade de obra, e para efectos da súa retribución, só se atende á cantidade e calidade da obra ou traballo realizado, aboándose por pezas, medidas, anacos, conxuntos ou unidades determinadas, independentemente do tempo investido na súa realización, ben que pode estipularse un prazo para a súa terminación, e, neste caso, terminarase dentro del, pero sen que poida esixirse, neste caso, un rendemento superior ó normal.

4. Nos traballos que se presten á súa aplicación, poderán establecerse primas á productividade ou incentivos, de tal forma que ós maiores rendementos que se alcancen no traballo, correspondan uns ingresos que garden, respecto ós normais, alomenos, a mesma proporción que a dos ditos rendementos en relación cos normais.

5. Se en calquera dos sistemas previstos neste artigo, o traballador non acadase o rendemento previsto por causa non imputable á empresa nin ó traballador, este terá dereito, alomenos, ó salario fixado para a súa categoría profesional no convenio colectivo aplicable, máis un 25%.

6. Previamente á súa implantación ou revisión colectivas destes sistemas, en canto supoñen casos subsumibles nos supostos de feito do artigo 64.1.4º.d) ou e) do Estatuto dos traballadores, solicitarase, se é o caso, ós representantes legais dos traballadores o informe a que o dito precepto se refire, e que deberán estes emitir no prazo improrrogable de 15 días suxeitándose as ditas implantacións ou revisións ó disposto no artigo 41 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 41º.-Discreción profesional.

Como manifestación dos deberes xerais de colaboración e boa fe que rexen a prestación de traballo, o traballador está obrigado a mante-los segredos relativos á explotación e negocios da empresa.

Artigo 42º.-Deberes do empresario.

En relación coa prestación do traballo, o empresario está obrigado a lles facilitar ós traballadores cantos medios sexan precisos para a adecuada realización do seu cometido, así como os medios de protección necesarios para efectos da súa seguridade e saúde no traballo e velar polo uso efectivo deles e, en xeral, a respecta-los dereitos laborais dos traballadores establecidos no artigo 4 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 43º.-Reclamacións dos traballadores.

Sen prexuízo do dereito que asiste os traballadores de acudir e establece-las súas reclamacións ante a autoridade administrativa ou xurisdiccional competente, poderán presentalas ante a empresa en que prestan servicio, a través dos seus representantes legais ou os seus xefes inmediatos.

As empresas tratarán de resolver estas reclamacións no prazo máis breve posible, con obxecto de evitar ou reduci-la súa presentación formal nas mencionadas instancias.

Artigo 44º.-Ascenso, procedemento.

Os ascensos suxeitaranse ó réxime seguinte:

1. O ascenso dos traballadores a tarefas ou postos de traballo que impliquen mando ou especial confianza será de libre designación e revogación pola empresa.

2. Para ascender, cando proceda, a unha categoría profesional superior, a empresa establecerá sistemas de carácter obxectivo, tendo en conta a formación, méritos e permanencia do traballador na empresa, e poderán tomar como referencia, entre outras, as seguintes circunstancias:

a) Titulación adecuada.

b) Coñecementos do posto de traballo.

c) Historial profesional.

d) Ter desempeñado función de superior categoría profesional.

e) Superar satisfactoriamente as probas que se propoñan, as cales serán as adecuadas ó posto de traballo que se vai desempeñar.

Artigo 45º.-Recuperación de horas non traballadas.

O 70% das horas non traballadas por interrupción da actividade, debido a causas de forma maior, accidentes atmosféricos, inclemencias do tempo, falta de abastecementos, ou calquera outra causa non imputables á empresa, recuperaranse a razón dunha hora diaria nos días laborables seguintes logo de comunicación ós traballadores afectados e, se é o

caso, ós seus representantes legais no centro de traballo.

No suposto de que a referida interrupción alcance un período de tempo superior a vintecatro horas efectivas de traballo, aplicarase o disposto en materia de suspensión do contrato, por causa de forza maior, no CGSC.

Artigo 46º.-Devengo das percepcións económicas.

1. O salario base devengarase durante tódolos días naturais, polos importes que, para cada categoría e nivel, establece o presente convenio colectivo.

2. Os complementos salariais de convenio devengaranse durante os días efectivamente traballados, polos importes que, para cada categoría e nivel, fixen os convenios colectivos de ámbito inferior.

3. Os complementos extrasalariais de convenio devengaranse durante os días de asistencia ó traballo, polos importes fixados nos artigos 11 e 12 do presente convenio.

4. As pagas extraordinarias devengaranse por días naturais, na seguinte forma:

Paga de xuño: do 1 de xaneiro ó 30 de xuño.

Paga de Nadal: do 1 de xullo ó 31 de decembro.

5. A remuneración anual mencionada comprenderá tódalas percepcións económicas pactadas en cada convenio, por nivel e categoría profesional.

De acordo coas formas de devengo, a remuneración anual virá dada pola seguinte fórmula:

R.A. = SB x 335 + [(PS + PE) x (Número de días efectivos de traballo)] + Vacacións + PX + PN

Sendo: R.A.=remuneración anual.

S.B.=salario base.

P.S.=complementos salariais.

P.E.=complementos extrasalariais.

P.X.=paga de xuño.

P.N.=paga de Nadal.

Artigo 47º.-Pagamento das percepcións económicas.

1. Tódalas percepcións, excepto as de vencemento superior ó mes, aboaranse mensualmente, por períodos vencidos e dentro dos cinco primeiros días hábiles do mes seguinte ó do seu devengo, aínda que o traballador terá dereito a percibir quincenalmente anticipos de contía non superior ó 90% das cantidades devengadas.

2. As empresas destinarán ó pagamento a hora inmediatamente seguinte á finalización da xornada ordinaria, nas datas habituais de pagamento. Cando por necesidades organizativas se realice o pagamento dentro da xornada laboral, esta interromperase e prolongarase despois do horario de traballo polo tempo investido no pagamento, sen que en ningún caso tal prolongación poida exceder en máis dunha hora.

3. O tempo investido no pagamento de retribucións e anticipos a conta delas, quedará exento do cómputo da xornada laboral, considerándose como de mera permanencia no centro de traballo e, polo tanto, non retribuído para ningún efecto.

4. As empresas quedan facultadas para aboa-las retribucións e anticipos á conta dos mesmos, mediante cheque, transferencia ou outra modalidade de pagamento a través de entidade bancaria ou financeira. Se a modalidade de pagamento fora o cheque nominativo a favor do traballador, este terá dereito a solicitar un permiso de media hora para realiza-lo seu cobramento, que será fixado polo empresario dentro do propio día de entrega do chegue ou do día posterior.

5. O traballador facilitará á empresa, ó tempo do seu ingreso ou incorporación a ela, o seu número de identificación fiscal (NIF), de conformidade coa normativa aplicable ó respecto.

Artigo 48º.-Gratificacións extraordinarias.

O traballador terá dereito exclusivamente a dúas gratificacións extraordinarias ó ano, que se aboarán nos meses de xuño e decembro, antes do día 15 de cada un deles. As ditas pagas extraordinarias non se devengarán mentres dure calquera das causas de suspensión de contrato previstas no artigo 45 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 49º.-Proporcionalidade de devengo das pagas extraordinarias.

O importe das pagas extraordinarias para o persoal que, en razón da súa permanencia, non teña dereito á totalidade da súa contía, ratearase conforme os seguintes criterios:

a) O persoal que ingrese ou cese no transcurso de cada semestre natural, devengará a paga en proporción o tempo de permanencia na empresa durante o dito semestre.

b) Ó persoal que cese no semestre respectivo, faráselle efectiva a parte proporcional da gratificación no momento de realiza-la liquidación dos seus haberes.

c) O persoal que preste os seus servicios en xornada reducida ou a tempo parcial, devengará as pagas extraordinarias en proporción ó tempo efectivamente traballado.

Artigo 50º.-Traballos excepcionalmente penosos, tóxicos ou perigosos.

1. Ós traballadores que teñan que realizar labores que resulten excepcionalmente penosos, tóxicos ou perigosos aboaráselles un incremento do 20% sobre o seu salario base. Se estas funcións se efectuasen durante a metade da xornada ou en menos tempo, o complemento será do 10%.

2. As cantidades iguais ou superiores ó complemento fixado neste artigo que están establecidas ou establezan as empresas serán respectadas sempre que foran concedidas polos conceptos de excepcional

penosidade, toxicidade ou perigo, caso no que non será esixible o aboamento dos incrementos fixados neste artigo. Tampouco estarán obrigadas a satisface-los citados aumentos aquelas empresas que os teñan incluídos, en igual ou superior contía, no salario de cualificación do posto de traballo.

3. Se por calquera causa desapareceran as condicións de excepcional penosidade, toxicidade ou perigo, deixarán de aboarse os indicados incrementos, non tendo por tanto carácter consolidable.

4. No caso de discrepancia entre ámbalas partes sobre se un determinado traballo, labor ou actividade debe cualificarse como excepcionalmente penoso, tóxico ou perigoso, correspóndelle a autoridade xudicial resolve-lo procedente.

5. As partes asinantes recoñecen a importancia que ten para o conxunto do sector a progresiva desaparición deste tipo de traballos ou, cando menos, a reducción ó mínimo posible das condicións de penosidade, toxicidade ou perigo que repercutan negativamente na saúde dos traballadores, tendo, en calquera caso, estes traballos carácter transitorio e conxuntural.

Artigo 51º.-Traballos nocturnos.

O persoal que traballe entre as vintedúas horas e as seis da mañá percibirá un complemento de traballo nocturno equivalente ó 25 por cento do salario base da súa categoría.

Se o tempo traballado no período nocturno fose inferior a catro horas, aboarase o complemento sobre o tempo traballado efectivamente. Se as horas nocturnas exceden de catro, aboarase o complemento correspondente a toda a xornada traballada.

Artigo 52º.-Realización de horas extraordinarias.

As horas extraordinarias, en todo caso, pola súa natureza, serán voluntarias de acordo coas disposicións vixentes, excepto as que teñan a súa causa en forza maior.

Artigo 53º.-Horas extraordinarias estructurais.

1. Considéranse horas extraordinarias estructurais as motivadas por pedidos ou puntas de producción, ou por calquera circunstancia de carácter estructural que altere o proceso normal de producción.

2. O número de horas extraordinarias que realice cada traballador, salvo nos supostos de forza maior, non excederá de 2 ó día, de 20 ó mes e de 80 ó ano.

Artigo 54º.-Retribución das horas extraordinarias.

1. Os importes das horas extraordinarias para cada unha das categorías ou niveis, determinaranse, na táboa anexa, nos convenios colectivos de ámbito inferior o presente.

2. As empresas, sempre e cando non se perturbe o normal proceso productivo, poderán compensa-la retribución das horas extraordinarias por tempos equivalentes de descanso.

3. No suposto de que se realizase a compensación prevista no parágrafo anterior, as horas extraordinarias compensadas non se computarán para efectos dos límites fixados para elas no artigo anterior.

Artigo 55º.-Vavacións.

1. O persoal afectado polo presente convenio xeral, sexa cal for a súa modalidade de contratación laboral, terá dereito ó aproveitamento dun período de vacacións anuais retribuídas de trinta días naturais de duración, iniciándose, en calquera caso, o seu aproveitamento, en día laborable que non sexa venres.

2. As vacacións desfrutaranse por anos naturais. O primeiro ano de prestación de servicios na empresa só dará dereito ó aproveitamento da parte proporcional correspondente ó tempo realmente traballado durante o dito ano.

3. O dereito a vacacións non é susceptible de compensación económica. Non obstante, o persoal que cese durante o transcurso do ano terá dereito ó aboamento do salario correspondente á parte de vacacións percibidas e non gozadas, como concepto integrante da liquidación pola súa baixa na empresa.

4. Para efectos do percibo de vacacións, considerarase como tempo efectivamente traballado o correspondente á situación de incapacidade temporal, sexa cal for a súa causa. Non obstante, dado que o dereito ó desfrute de vacacións caduca co transcurso do ano natural, perderase se ó vencemento deste o traballador continuase de baixa, aínda que manterá o dereito a percibi-la diferencia que puidera existir entre a retribución de vacacións e a prestación de incapacidade temporal.

5. Unha vez iniciado o desfrute do período regulamentario de vacacións, se sobrevén a situación de incapacidade temporal, a duración dela computarase como días de vacación, sen prexuízo do dereito do traballador a percibi-la diferencia que puidera existir entre a retribución correspondente a vacacións e a prestación de incapacidade temporal.

Se a incapacidade temporal se producira despois de pactada a data de inicio para o aproveitamento individual de vacacións e antes de chega-la dita data, o traballador manterá o dereito a aproveita-las vacacións ata o transcurso do ano natural, acordándose un novo período de aproveitamento despois de producida a alta da incapacidade temporal.

O parágrafo anterior non será de aplicación nos supostos de vacacións colectivas de todo un centro de traballo.

6. O desfrute das vacacións, como norma xeral e salvo pacto en contrario, terá carácter ininterrompido.

7. A retribución de vacacións consistirá na cantidade fixa establecida nas táboas salariais que contén o anexo I.

Artigo 56º.-Locomosión.

Serán de conta da empresa os gastos de locomoción que se orixinen como consecuencia da situación de

desprazamento, xa sexa poñendo medios propios á disposición do traballador, xa aboándolle a compensación de 24 pesetas por quilómetro.

Cando o persoal desprazado, que poida volver a pernoitar á súa residencia habitual, tivese que empregar, como consecuencia do desprazamento, máis dunha hora en cada unha das viaxes de ida e volta ó lugar de traballo, desde o centro de traballo correspondente, utilizando medios ordinarios de transporte, o exceso aboaráselle a pro rata dos salarios do convenio.

Artigo 57º.-Liquidacións.

1. O recibo de liquidación da relación laboral entre empresa e traballador será conforme o modelo que figura como anexo II deste convenio.

2. Toda comunicación de cesamento ou de aviso previo de cesamento, irá acompañada dunha proposta de liquidación no modelo citado. Cando se utilice como proposta, non será preciso cubri-la parte que figura despois da data e lugar.

3. O recibo de liquidación será expedido pola Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Ourense (ACO), numerado, selado e datado e terá validez unicamente dentro dos quince días naturais seguintes á data na que se expediu. ACO estará obrigada a levar un rexistro que conteña os datos anteriormente expresados.

4. Unha vez asinado polo traballador, o recibo de liquidación producirá os efectos liberatorios que lle son propios.

5. Nos supostos de extinción de contratos por vontade do traballador, non serán de aplicación os números 2 e 3 deste artigo.

6. O traballador poderá estar asistido por un representante dos traballadores ou, no seu defecto, por un representante sindical dos sindicatos asinantes do presente convenio, no acto do asinamento do recibo de liquidación.

Artigo 58º.-Integración social de minusválidos.

Para os efectos do previsto no artigo 38.1º da Lei 13/1982, do 7 de abril, de integración social de minusválidos, e tendo en consideración que as actividades e traballos nas obras comportan riscos para a saúde e seguridade dos traballadores, o cómputo do 2% realizarase sobre o persoal adscrito a centros de traballo permanente.

Artigo 59º.-Xubilación.

Recoñécense tres clases distintas de xubilación:

A. Xubilación voluntaria anticipada.

1. Os traballadores que cumpriran sesenta e tres anos e non teñan sesenta e cinco cando soliciten a xubilación, e esta sexa posible, terán dereito, sempre que reúnan os requisitos establecidos no número

2, á percepción das indemnizacións que se establecen a seguir, en función da idade do traballador e dos seus anos de antigüidade na empresa:

Antigüidade na empresaIdadeMeses indemnización

2 a 52

6 a 103

11 a 20 634

21 a 305

Máis de 306

2 a 51

6 a 102

11 a 20 643

21 a 304

Máis de 305

As cifras da columna da dereita indican o número total de meses de salario en que se cuantifica a indemnización.

O salario mensual refírese á xornada normal, excluíndo, se é o caso, as horas extraordinarias.

2. Os requisitos necesarios para que naza tal dereito, son os seguintes:

a) Que se efectúe de mutuo acordo entre empresa e traballador xubilable. O acordo reflectirase por escrito, establecendo claramente a cantidade que corresponde en concepto de indemnización, conforme a táboa anterior.

b) Que o traballador leve dous anos, como mínimo, da indemnización, no momento de solicita-la xubilación anticipada.

3. A xubilación voluntaria anticipada, nos termos establecidos e coa indemnización que proceda en cada caso, segundo a táboa anterior, comprometerá os empresarios a dar ocupación a outro traballador polo tempo estricto que faltase á xubilable para cumpri-los sesenta e cinco anos. A contratación do traballador substituto farase conforme unha das modalidades de contratación temporal ou eventual previstas, en cada momento, pola lexislación vixente, e, pola súa vez, cos seguintes condicionamentos:

a) Que non exista na empresa, no seu cadro de persoal, persoal fixo dispoñible, en expectativa de destino ou realizando outras funcións distintas ás da súa categoría laboral, para cubri-la vacante producida. O acordo da empresa e o traballador xubilable comunicaráselles de inmediato, se é o caso, ós representantes dos traballadores no seo da empresa ou centro de traballo correspondente.

b) A contratación do traballador substituto farase para o posto e categoría profesional máis acorde coas necesidades da empresa, deixando a salvo as expectativas de promoción dos restantes traballadores da empresa de que se trate.

4. No caso de que a indemnización pactada entre empresa e traballador xubilable fose superior á anteriormente establecida, a duración do contrato temporal ou eventual do traballador substituto poderá reducirse en tantos meses cantas mensualidades de máis se aboen en concepto de indemnización.

B. Xubilación anticipada ós 64 anos como medida de fomento de emprego.

Aplicarase o disposto o respecto no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo.

C. Xubilación forzosa.

Como política de fomento do emprego e por necesidades do mercado de traballo no sector, con independencia das dúas clases de xubilación a que se refiren os epígrafes inmediatamente precedentes, establécese a xubilación forzosa ós sesenta e cinco anos de idade, salvo pacto individual en contrario, dos traballadores que teñan cuberto o período mínimo legal de carencia para obtela.

ANEXO II

Modelo de recibo de liquidación da relación laboral

Nº...........

Data de expedición...

Recibo de saldo

Eu, Don/Dona... que traballei na empresa... desde... ata... coa categoría de..., declaro que recibín

desta, la cantidade de... pesetas, en concepto de liquidación total pola miña baixa na empresa.

Quedo así indemnizado/a e liquidado/a por tódolos conceptos que puideran derivarse da relación laboral que unía as paretes e que queda extinguida, manifestando expresamente que nada máis teño que reclamar, estando de acordo en isto coa empresa.

En ..., ... de... de ...

O/A traballador/a

O/A traballador/ra (1)... usa do seu dereito a que estea na sinatura un representante legal seu na empresa, ou, no seu defecto, un representante sindical dos sindicatos asinantes do presente convenio.

(1) Si ou non.

Este documento ten unha validez de 15 días naturais a contadas desde a data da súa expedición.

Selo e asino

Este recibo non terá validez sen o selo e sinatura de ACO ou se se formaliza en fotocopia ou otro medio de reproducción.

ANEXO I

Táboa de retribucións para o período 1-1-2001 ó 31-12-2001

MensualPagas extrasAnual

NivelCategoríasSoldo

base

Compl.

asistenc.

Compl.

transpor.

Total

mes

Xuño

Decembre

Vacac.

Salario

anual

Horas

extras

IITitulado superior114.77929.2571.704145.740136.690136.690136.6902.013.2101.223

IIITitulado medio, xefe administrativo 1ª, xefe sec. org. 1ª114.27028.7551.694144.719136.290136.290136.2902.000.7791.223

IVXefe de persoal, axte. de obra, encargado xeral de fábrica, encargado xeral113.71528.1911.684143.590135.849135.849135.8491.987.0371.223

VXefe administrativo de 2ª, delinenate superior, encargado xeral de obra, xefe sec. org. científica do traballo de 2ª, xefe de compras113.20027.6901.674142.564135.450135.450135.4501.974.5541.223

VIOficial admtvo. de 1ª, deliniante de 1ª, encarg. taller, encarg. sec. laboratorio, escultor de pedra e mármol, práct. topografía de 1ª, técn. org. 1ª112.64827.1291.664141.441135.011135.011135.0111.960.8841.223

VIIDelineante de 2ª, técnico org. de 2ª, práctico topografía de 2ª, analista de 1ª, viaxante, capataz, especialista de oficio110.61825.1001.631137.349133.414133.414133.4141.911.0811.164

VIIIOficial admtvo. de 2ª, corredor de plaza, oficial 1ª de oficio, inspector de control sinalización e servicios, analista de 2ª109.08923.5731.605134.267132.247132.247132.2471.873.6781.130

IXAuxiliar administrativo, axte. topográfico, auxiliar de org., vendedores, conserxe, oficial 2ª de oficio107.51621.9961.582131.094130.972130.972130.9721.834.9501.086

XAuxiliar de laboratorio, vixilante, almaceneiro, enfermeiro, cobrador, garda-xurado, axudantes de oficio, especialistas de 1ª105.94320.4221.555127.920129.736129.736129.7361.796.3281.024

XIEspecialistas de 2ª, peóns especializados104.37318.8501.530124.753127.095127.095127.0951.753.568985

XIIPeóns ordinarios, limpador102.75017.2291.509121.488125.822125.822125.8221.713.834947

XIIIBotóns e pinches de 16 a 18 anos65.7017.8871.13174.71968.02468.02468.0241.025.981-

XIVTraballadores en formación59.6785.5321.06566.27562.28462.28462.284915.877-

Nota: as categorías que se indican, cunha antigüidade na empresa anterior a 7-7-1998, rexeranse a efectos económicos polos seguintes niveis:Axuda de custo: 3.500

Nivel VII: oficial admtvo. 2ª. Nivel VIII: Auxiliar admtvo., encargado taller:Media axuda de custo: 1.550