Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Martes, 24 de xullo de 2001 Páx. 10.166

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación da execución da obra de construcción dun punto limpo en Vilar de Astrés (Ourense).

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: construcción dun punto limpo de Vilar de Astrés (Ourense).

2.2. Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

3.1. Tramitación: urxente.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: vinteoito millóns cincocentas vinteúnha mil cento vinteúnha (28.521.121) pesetas, IVE incluído (171.415,39 euros).

5. Fianza provisional:

2% do orzamento de licitación: cincocentas setenta mil catrocentas vintedúas (570.422) pesetas (3.428,31 euros).

6. Fianza definitiva:

4% do orzamento de licitación: un millón cento corenta mil oitocentas corenta e cinco (1.140.845) pesetas (6.856,62 euros).

7. Clasificación:

Grupo A, subgrupos 1 e 2, categoría C.

8. Documentación e información.

8.1. Documentación:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, na Copistería Copynino, sita na rúa Xeneral Pardiñas nº 2 de Santiago de Compostela (teléfono: 981 58 89 38) e na páxina da Internet: www.xunta.es

/contratación/resultado.asp?N=615.

Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web que estean interesadas en concursar a esta licitación deberán enviar, ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es, os datos que a continuación se relacionan:

-No epígrafe asunto: nome do concurso.

-Nome da empresa.

-Nº de teléfono.

8.2. Información.

Teléfono: 981 54 17 49.

9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

9.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

9.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: Rexistro Xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: rúa dos Basquiños nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) No suposto de que se participe en máis dun concurso de execución de obra de construcción dun punto limpo en: Meira (Lugo) ou Vilar de Astrés (Ourense), ou na execución da obra de adecuación clausura e selaxe dos vertedoiros de RSU de: Bóveda (Lugo) ou O Rosal (Pontevedra), a documentación xeral contida no sobre A presentada para un deles producirá plenos efectos nos demais nos que se presenten proposicións, facendo constar expresamente como contido do sobre A, ademais da fianza provisional e clasificación, de ser esixidas, referencia do concurso no que se presenta a documentación xeral.

10. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública; sala de xuntas B.

b) Enderezo: complexo administrativo de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o sexto día natural contado desde o seguinte ó do termo do prazo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

11. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2001.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente