1. Entidade adxudicadora.
1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.
1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.
2. Obxecto do contrato.
2.1. Descrición do obxecto: adecuación, clausura e selaxe do vertedoiro de RSU de Bóveda (Lugo).
2.2. Prazo de execución: sete semanas.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
3.1. Tramitación: urxente.
3.2. Procedemento: aberto.
3.3. Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación:
Importe total: vinte millóns cento trinta e dúas mil oitocentas trinta e nove (20.132.839) pesetas IVE incluído (121.000,80 euros).
5. Fianza provisional:
2% do orzamento de licitación: catrocentas dúas mil seiscentas cincuenta e sete (402.657) pesetas (2.420,02 euros).
6. Fianza definitiva:
4% do orzamento de licitación: oitocentas cinco mil trescentas catorce (805.314) ptas. (4.840,03 euros).
7. Clasificación:
Grupo A, subgrupo 2, categoría C.
8. Documentación e información.
8.1. Documentación:
Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, na Copistería Copynino, sita na rúa Xeneral Pardiñas nº 2 de Santiago de Compostela (teléfono: 981 58 89 38) e na páxina da Internet: www.xunta.es/contratación/resultado.asp?N=616.
Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web que estean interesadas en concursar a esta licitación deberán enviar, ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es, os datos que a continuación se relacionan:
-No epígrafe asunto: nome do concurso.
-Nome da empresa.
-Nº de teléfono.
8.2. Información.
Teléfono: 981 54 17 49.
9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
9.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.
9.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.
9.3. Lugar de presentación:
a) Entidade: Rexistro Xeral da Consellería de Medio Ambiente.
b) Enderezo: rúa dos Basquiños nº 2.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) No suposto de que se participe en máis dun concurso de execución de obra de construcción dun punto limpo en: Meira (Lugo) ou Vilar de Astrés (Ourense), ou na execución da obra de adecuación clausura e selaxe dos vertedoiros de RSU de: Bóveda (Lugo) ou O Rosal (Pontevedra), a documentación xeral contida no sobre A presentada para un deles producirá plenos efectos nos demais nos que se presenten proposicións, facendo constar expresamente como contido do sobre A, ademais da fianza provisional e clasificación, de ser esixidas, referencia do concurso no que se presenta a documentación xeral.
10. Apertura das ofertas:
a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública; sala de xuntas B.
b) Enderezo: complexo administrativo de San Caetano.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: o sexto día natural contado desde o seguinte ó do termo do prazo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.
e) Hora: ás 12 horas.
11. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2001.
P.D. (Orde 12-1-1998)
José Luis Aboal García-Tuñón
Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente