Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Martes, 24 de xullo de 2001 Páx. 10.109

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 173/2001, do 12 de xullo, polo que se dispón a substitución de dous representantes do Consello Social da Universidade de Vigo.

Os artigos 3, 5 e 6 da Lei 5/1987, do 27 de maio (DOG nº 103, do 2 de xuño), do consello social da universidade e do consello universitario de Galicia, determinan o número de membros que compoñen o Consello Social da Universidade e o número e forma de elección dos representantes da Xunta de Goberno e dos intereses sociais.

A Universidade de Vigo, en uso das súas competencias, comunicoulle á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a baixa de José M. Cid Fernández como membro do Consello Social desa universidade en representación da Xunta de Goberno e a súa substitución por Pedro Membiela Iglesia, para os efectos previstos no artigo 7 da Lei 5/1987.

Ó mesmo tempo comunicou a baixa, por falecemento, de Fernando Conde Montero-Ríos como membro do Consello Social desa universidade en representación da Xunta de Galicia.

Así mesmo, recibíronse nesta consellería, en cumprimento do artigo 8 da mencionada Lei 5/1987, do 27 de maio, do consello social da universidade e do consello universitario de Galicia, os documentos preceptivos por parte dos novos membros designados de non incorrer en incompatibilidades.

Por todo iso, por instancia da Universidade de Vigo e por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, en cumprimento do artigo 7 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1998, do 20 de outubro e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día doce de xullo de dous mil un,

DISPOÑO:

Artigo 1º.

Nomear como membro do Consello Social da Universidade de Vigo a José García Costas en representación da Xunta de Galicia. Esta persoa substitúe, polo mesmo concepto, a Fernando Conde Montero-Ríos.

Nomear como membro do Consello Social de Universidade de Vigo a Pedro Membiela Iglesia en representación da Xunta de Goberno. Esta persoa substitúe, polo mesmo concepto, a José M. Cid Fernandez, que cesa como membro do Consello Social de Universidade de Vigo, agradecéndolle os servicios prestados.

Artigo 2º.

Deste xeito, o Consello Social da Universidade de Vigo queda integrado polas seguintes persoas:

I) En representación da Xunta de Goberno da Universidade de Vigo:

Domingo Docampo Amoedo, rector da universidade.

Margarita Estévez Toranzo, secretaria xeral da universidade.

Julio Taboada Pérez, xerente da universidade.

Pedro Merino Gómez, membro da Xunta de Goberno.

Pedro Membiela Iglesia, membro da Xunta de Goberno.

Luis Ortiz Torres, membro da Xunta de Goberno.

José Tojo Suárez, membro da Xunta de Goberno.

Juan Carlos Carpintero Sánchez, membro da Xunta de Goberno.

Gonzalo Marino González, membro da Xunta de Goberno.

Luis Pérez Gómez, membro da Xunta de Goberno.

II) Representantes dos intereses sociais de Galicia:

a) Designados polo Parlamento de Galicia:

Manuel Bermúdez Couso.

Julio Bernardo Estévez Fernández.

Enrique Magdalena Vila.

José Bernardo López Abadín.

Antonio Pol González.

Mª Teresa del Rosario Vidal Gallego.

b) Designados pola Xunta de Galicia:

Alfonso Zulueta de Haz, presidente do Consello Social.

José García Costas.

Ernesto Baltar Feijóo.

Alberto Iglesias Díaz.

Amador Vázquez Vázquez.

Designados polos sindicatos:

Juan Ignacio Pérez Méndez, por Comisións Obreiras de Galicia.

Santos Héctor Rodríguez Díaz, pola Unión Xeral de Traballadores de Galicia.

d) Designados polas organizacións empresariais:

Guillermo Alonso Jáudenes.

Manuel Rodríguez de la Fuente.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, doce de xullo de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández.

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.