Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 23 de xullo de 2001 Páx. 10.092

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncian as contratacións polo sistema de concurso, mediante procedemento aberto, trámite ordinario, do servicio de limpeza en diversos centros dependentes desta delegación provincial.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-las seguintes contratacións:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

c) Números de expediente: 1/2001 - Serv. limpeza na R.T.I. Torrente Ballester

2/2001-Serv. limpeza na Área de Servicios Sociais.

3/2001-Serv. limpeza no Centro Social de Fene.

4/2001-Serv. limpeza no Fogar T.I. de Ferrol.

5/2001-Serv. limpeza no Fogar T.I. da Coruña.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratos dos servicios de limpeza.

b) Lugar de execución:

-Expte. 1/2001: R.T.I. Torrente Ballester.

-Expte. 2/2001: Área de Servicios Sociais.

-Expte. 3/2001: Centro Social de Fene.

-Expte. 4/2001: Fogar T.I. Ferrol.

-Expte. 5/2001: Fogar T.I. A Coruña.

c) Prazo de execución: dous anos, a partir da posta en funcionamento do servicio de limpeza.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Expte. 1/2001 R.T.I. Torrente Ballester: 21.818.184 pesetas (vinteún millóns oitocentas dezaoito mil cento oitenta e catro) 131.129,926 euros.

Expte. 2/2001 Área de Servicios Sociais: 11.436.552 pesetas (once millóns catrocentas trinta e seis mil cincocentas cincuenta e dúas) 68.735,061 euros.

Expte. 3/2001 Centro Social Fene: 7.839.384 pesetas (sete millóns oitocentas trinta e nove mil trescentas oitenta e catro) 47.115,65 euros.

Expte. 4/2001 Fogar T.I. Ferrol: 13.001.712 pesetas (trece millóns unha mil setecentas doce) 78.141,86 euros.

Expte. 5/2001 Fogar T.I. A Coruña: 8.374.056 pesetas (oito millóns trescentas setenta e catro mil cincuenta e seis) 50.329,08 euros.

5. Garantía provisional.

2% do orzamento.

Expte. 1/2001 R.T.I. Torrente Ballester: 436.363 (catrocentas trinta e seis mil trescentas sesenta e tres) 68.735,06 euros.

Expte. 2/2001 Área de Servicios Sociais: 228.731 (duascentas vinteoito mil setecentas trinta e unha) 1.374,700 euros.

Expte. 3/2001 Centro Social Fene: 156.787 (cento cincuenta e seis mil setecentas oitenta e sete) 942,31 euros.

Expte. 4/2001 Fogar T.I. Ferrol: 260.034 (duascentas sesenta mil trinta e catro) 1.562,84 euros.

Expte. 5/2001 Fogar T.I. A Coruña: 167.481 (cento sesenta e sete mil catrocentas oitenta e unha) 1.006,58 euros.

6. Garantía definitiva.

4 % sobre os importes de adxudicación.

7. Requisitos específicos dos contratistas.

* Solvencia técnica: acreditarase polos medios previstos no artigo 19 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño.

* Solvencia económica e financeira: acreditarase polos medios previstos no artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño.

Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: delegación provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Enderezo: Gregorio Hernández, 2-4, 1º.

c) Localidade e código postal: A Coruña 152011.

d) Teléfono: 981 18 58 06/03.

e) Telefax: 981 18 58 01.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas poderán examinarse durante o plazo de presentación de proposicións, desde as 9 ás 14 horas, en días hábiles, excepto sábados, nas catro delegacións provinciais da consellería así como na Dirección Xeral de Servicios Sociais en Santiago de Compostela.

9. Lugar de presentación.

No rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais na Coruña, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, 1º, ou por calquera das formas previstas na normativa vixente.

Se as proposicións se cursan por correo, terá que xustificarse a data de presentación e comunicarse no mesmo día ó órgano de contratación mediante telegrama ou telefax.

10. Forma de presentación.

A documentación que integrará as ofertas, deberá presentarse en sobres pechados e é a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Admisión de variantes: non se admiten.

12. Plazo de presentación.

Será de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

13. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de A Coruña.

b) Enderezo: Gregorio Hernández, 2-4, 1º.

c) Localidade: A Coruña.

d) Data: o décimo primeiro día natural seguinte á finalización do plazo de presentación de proposicións.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte.

e) Hora: 10 horas.

14. Criterios de adxudicación.

Os definidos nos respectivos pregos.

15. Outras informacións.

Nos anversos dos sobres consignarase o seu respectivo contido e o nome do licitador.

16. Gastos do anuncio.

Serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 21 de xuño de 2001.

Manuel Barral Castro

Delegado provincial da Coruña