En cumprimento do previsto no artigo 93 da Lei 13/1995 (Real decreto lexislativo 2/2000), do 16 de xuño), faise público que o secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 21 de xuño de 1996, acordou darlle publicidade ás adxudicacións que se identifican a continuación:
-Remodelación e adecuación do CEIP Lamas de Abade de Santiago de Compostela (A Coruña).
Adxudicatario: DICSA, Decoración, Instalaciones y Construcciones, S.A.
Orzamento: 24.475.000 pesetas.
-Ampliación do IES de Oroso (A Coruña).
Adxudicatario: Construcciones Alea, S.L.
Orzamento: 56.066.222 pesetas.
O que se fai público para efectos do previsto no artigo 93 da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño).
Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2001.
Máximo García Serrano
Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria