Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 20 de xullo de 2001 Páx. 9.947

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ANUNCIO do 10 de xullo de 2001, da División de Recursos Humanos, polo que se fai pública a relación provisional de aspirantes excluídos e admitidos ó proceso selectivo para vinculación temporal de dúas prazas do Servicio Central de Prevención de Riscos Laborais e Saúde Laboral (Diario Oficial de Galicia número 84, do 2 de maio de 2001), así como a relación provisional de candidatos seleccionados para a entrevista persoal.

As devanditas relacións serán expostas na mesma data de publicación deste anuncio no Diario Oficial

de Galicia nos taboleiros de anuncios das xerencias das institucións sanitarias do Sergas, da Secretaría Xeral do Sergas, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, das delegacións provinciais do devandito organismo, das direccións provinciais do Sergas e da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2001.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos