Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Xoves, 19 de xullo de 2001 Páx. 9.907

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria que tivo lugar o 29 de maio de 2001, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle dunha parcela sita na avda. dos Bosques, promovido por José Esmorís Iglesias en representación de Naya-Esmorís Promociones, S.L.; o cal queda sometido a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da aparición deste anuncio. Durante este prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo e presentar alegación a el se o consideran conveniente.

Do mesmo xeito, e en virtude do artigo 34 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, queda suspendido o outorgamento de licencias de edificación, parcelación e demolición no ámbito territorial comprendido no trazado de aliñacións a que afecta o estudio de detalle ata a súa aprobación definitiva. (Expediente 12/2001. PED).

Arteixo, 2 de xullo de 2001.

P.D. (Decreto 587/1999)

María Isabel Vila Vilas

Primeiro tenente de alcalde