Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Xoves, 19 de xullo de 2001 Páx. 9.906

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN de 9 de xullo de 2001, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncian concursos de subministracións sucesivas, polo procedemento aberto, para a subministración de roupas, vestiario e roupas e vestiario cirúrxico. (C.P. 41/2001 e dous máis).

O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das competencias que ten atribuídas na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, no seu artigo 7, modificada pola Orden de 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio), e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a continuación se cita:

Nº referencia expediente: C. 41/2001.

Obxecto: subministración de roupas

Orzamento: 33.794.500 pesetas. (203.109,03 euros).

Garantía provisional: o 2% do orzamento de licitación de cada lote.

Lote nº 1: almofada goma espuma de 90 cm.

Lote nº 2: funda almofada branca 110x42 cm.

Lote nº 3: saba branca 270x160 cm.

Lote nº 4: manta cameira 250x140 cm.

Lote nº 5: toalla branca de baño 150x100 cm.

Lote nº 6: toalla lavabo 90x60 cm.

Nº referencia expediente: C. 42/2001.

Obxecto: subministración de vestiario.

Orzamento: 19.249.400 pesetas (115.692,22 euros).

Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación de cada lote.

Lote nº 1: camisón aberto.

Lote nº 2: pixama enfermo.

Lote nº 3: bata branca.

Lote nº 4: pixama branco.

Lote nº 5: zapato branco.

Nº referencia expediente: C. 43/2001.

Obxecto: subministración de roupas e vestiario cirúrxico.

Orzamento: 9.716.200 pesetas (58.395,53 euros).

Garantía provisional: o 2% do orzamento de licitación de cada lote.

Lote nº 1: pano verde quirófano 100x100 cm.

Lote nº 2: saba verde 240x160 aberta 80 cm.

Lote nº 3: saba verde 240x160 pechada.

Lote nº 4: bata verde.

Lote nº 5: pixama verde quirófano.

1. Forma de adxudicación: concursos, polo procedemento aberto, de subministracións sucesivas.

2. Prazo de execución: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

4. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario (planta terceira do edificio do Hotel de Pacientes, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006 A Coruña, en días laborais desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32, ou a través da páxina web do Sergas: http://www.sergas.es.

7. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

8. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da xerencia do complexo hospitalario (planta baixa do hotel de pacientes), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

9. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 2 de xullo de 2001.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña