Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Xoves, 19 de xullo de 2001 Páx. 9.899

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación da execución da obra de restauración da cuberta vexetal e control da erosión mediante repoboación, reposición de marras e tratamentos silvícolas no monte Mariña e Calzada pertencente ó concello de Aranga (A Coruña).

1. Entidade adxudicadora:

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

2.1. Descrición do obxecto: restauración da cuberta vexetal e control da erosión mediante repoboación, reposición de marras e tratamentos silvícolas no monte Mariña e Calzada pertencentes ó concello de Aranga (A Coruña).

2.2. Prazo de execución: doce (12) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

3.1. Tramitación: urxente.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: dezaoito millóns trescentas trinta e seis mil novecentas setenta e nove (18.336.979) pesetas, IVE incluído (110.207,46 euros).

5. Fianza provisional:

2% do orzamento de licitación: trescentas trinta e seis mil setecentas corenta (336.740) pesetas (2.204,15 euros).

6. Fianza definitiva:

4% do orzamento de licitación: setecentas trinta e tres mil catrocentas setenta e nove (733.479) pesetas (4.408,30 euros).

7. Clasificación: non se esixe.

8. Documentación e información:

8.1. Documentación:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, na Copistería Copynino, sita na rúa Xeneral Pardiñas nº 2 de Santiago de Compostela (teléfono: 981 58 89 38) e na páxina da Internet: www.xunta.es/contratación/resultado.asp?N=598.

Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web e que estean interesadas en concursar a esta licitación deberán enviar, ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es, os datos que a continuación se relacionan:

-No epígrafe Asunto: nome do concurso.

-Nome da empresa.

-Nº de teléfono.

8.2. Información:

Teléfono: 981 54 17 49.

9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

9.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó

da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

9.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: rúa dos Basquiños nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) No suposto de que se participe en máis dun concurso dos 14 que se publican nesta mesma data, de execución de obra de tratamentos silvícolas, restauración da cuberta vexetal ou repoboacións forestais nos concellos e grupos de concellos seguintes: 1. O Courel, Bóveda, Chantada, Monforte de Lemos, A Pobra de Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, O Saviñao e Taboada; 2. A Fonsagrada e A Pontenova; 3. A Fonsagrada e Negueira de Muñiz (podas); 4. A Fonsagrada e Negueira de Muñiz (rozas); 5. Aranga; 6. Oza dos Ríos; 7. Begonte, Guitiriz e Vilalba; 8. Friol; 9. Antas de Ulla e Monterroso; 10. Guntín e Palas de Rei; 11. Abadín, Castroverde e O Corgo; 12. Lugo; 13. Portomarín e 14. Carnota e Muros, a documentación xeral contida no sobre A presentada para un deles producirá plenos efectos nos demais nos que se presenten proposicións, facendo constar expresamente como contido do sobre A, ademais da fianza provisional e clasificación, de ser esixidas, referencia do concurso no que se presenta a

documentación xeral.

10. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública; sala de xuntas B.

b) Enderezo: complexo administrativo de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o sexto día natural contado desde o seguinte ó do termo do prazo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

11. Gastos do anuncio:

Por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2001.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente