Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 18 de xullo de 2001 Páx. 9.808

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XUNTA DE CASTELA E LEÓN

EDICTO do 13 de xuño de 2001, da Delegación Territorial de León, da Consellería de Industria, Comercio e Turismo, de notificación da resolución do expediente 601/1999.

Resultadas infructuosas as xestións realizadas para notificar no domicilio do destinatario, a resolución dictada pola autoridade laboral competente, no expediente administrativo sancionador que máis abaixo se cita, procédese a efectua-la dita notificación, mediante a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e a súa exposición no taboleiro de anuncios do concello do último domicilio coñecido do interesado, co fin de que produza os efectos legais previstos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Infórmase que o texto íntegro da resolución e o documento contable para o pagamento da sanción está de manifesto e á disposición do interesado na Sección de Relacións Laborais e Recursos desta Oficina Territorial de Traballo, sita en Gran Vía de San Marcos, 27 (1ª planta), León.

Resolución sancionadora.

Nº expediente: 601/1999.

Nº acta: 1633/99.

Empresa: Garfarma, S.L.

Contía da sanción: 500.000 pesetas.

Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á súa notificación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de León, de acordo co artigo 138.3º, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 177, do 15-9-1998).

E para que sirva de notificación en forma á empresa antes sinalada e para a súa exposición no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en León o trece de xuño de dous mil un.

Luis Aznar Fernández

Delegado territorial de León