Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T.C. Pedrouzos-Buratiña.
Situación: Brión.
Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 500 m de lonxitude, coa orixe no C.T. urbanización Hortensia e final no C.T. Pedrouzos-Buratiña, para instalar.
Centro de transformación en baixo de edificio de vivendas, de 250 kVA e tensións de 20/0,380-
0,220 kV, en Pedrouzos-Buratiña. Concello de Brión.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta Delegación Provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 5 de xuño de 2001.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña