Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 17 de xullo de 2001 Páx. 9.720

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CENTRO DE EXTENSIÓN UNIVERSITARIA E DIVULGACIÓN AMBIENTAL DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2001 pola que se lle dá cumprimento ó acordo do 7 de xuño de 2001, polo que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante de director xerente do consorcio do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 28 , do 8 de febreiro de 2001, segundo o establecido na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, en uso das facultades recollidas nos estatutos do consorcio, creado para o desenvolvemento do convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galica, a Universidade da Coruña e o Concello de Oleiros e como cumprimento do acordo do Consello de Dirección do CEIDA do 7 de xuño,

RESOLVO:

Primeiro.-Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica ó funcionario que se expresa no anexo desta resolución, seleccionado conforme o establecido nas bases da convocatoria.

Segundo.-O cesamento no actual destino do funcionario producirase no prazo de tres días hábiles contados a partir do día seguinte ó da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O prazo de toma de posesión da praza adxudicada comezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, e será de tres días se o destino anterior radica na mesma localidade ou dun mes se está en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo, conforme o establecido no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

O cómputo do prazo posesorio iniciarase cando rematen os permisos ou licencias que, se é o caso, estivese desfrutando o interesado.

Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Terceiro.-A toma de posesión realizada dentro do prazo referido dilixenciarase e tramitarase conforme as disposicións que regulan a materia.

Cuarto.-Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o Pleno do consello no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer, se é o caso, calquera outro que estimen procedente.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2001.

Carlos del Álamo Jiménez

Presidente da Comisión de Dirección do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia

ANEXO

Apelidos e nome: Vales Vázquez, Carlos.

NRP/DIN: 32.755.168 V.

Grupo: A.

Corpo/escala: profesor de ensino secundario.

Posto de traballo: director xerente CEIDA.

Nivel: 28 B.

Localidade: Castelo de Santa Cruz. Oleiros. A Coruña.