Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 17 de xullo de 2001 Páx. 9.716

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Servicios Comunitarios.

c) Número de expediente: 153/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: asistencia técnica para a redacción, por un lado, do proxecto executivo da nova sede dos bombeiros e partes comúns coa nova sede da policía municipal, incluída a documentación necesaria en materia de seguridade e saúde, e por outro, do proxecto básico das partes específicas da nova sede da policía municipal.

b) Prazo de execución ou data límite de entrega: 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

e) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 18.059.273 pesetas (108.538,42 euros), incluído IVE.

5. Garantías.

Non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

Documentación: Copy Estudio-Rúa Nova de Abaixo, 19-21. 15706 Santiago de Compostela. Teléfono e fax: 981 59 33 85.

Información: Concello de Santiago de Compostela (contratación). Praza do Obradoiro, 1. 15705 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 23 75 e fax: 981 57 76 27.

Data límite de obtención de documentos e información: 15 días naturais contados a partir da derradeira publicación realizada no BOP da Coruña e no Diario Oficial de Galicia (DOG).

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados a partir da derradeira publicación realizada no BOP e no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada na cláusula 4 do prego de condicións económico-administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Santiago de Compostela (rexistro xeral).

2ª Domicilio: rúa da Trindade, 1 (pavillón da Trindade).

3ª Localidade e código postal: 15705 Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Santiago de Compostela (secretaría).

b) Domicilio: praza do Obradoiro, 1.

c) Localidade: 15705 Santiago de Compostela.

d) Data: segundo día hábil seguinte, non sábado, ó remate do prazo de presentación de proposicións.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: os criterios de adxudicación son os especificados na cláusula 6.2 do prego de condicións.

Así mesmo, exponse ó público o prego que rexe a licitación durante o prazo de 8 días no Negociado de Contratación para os efectos previstos no artigo 122.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 e abril.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2001.

P.D.

Luís Toxo

Tenente alcalde