Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 17 de xullo de 2001 Páx. 9.716

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-398).

O Concello Pleno, na súa sesión do día 26 de abril de 2001, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle no km 589 da N-VI, en Perillo.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo, no prazo dun mes, que se computará desde o día seguinte ó da súa notificación, ante o mesmo órgano que a dictou (ó abeiro do disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1994, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común).

Tamén se poderá interpoñer contra esta resolución, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo ante a orde xurisdiccional contencioso-administrativa.

Sen prexuízo da facultade de interposición do recurso extraordinario de revisión para os supostos e prazos previstos no artigo 118 da devandita lei.

Oleiros, 1 de xuño de 2001.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta