Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 17 de xullo de 2001 Páx. 9.712

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2001, da División Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia o concurso público, polo sistema de procedemento aberto e trámite de urxencia, a subministración sucesiva para adquisición de equipamento electromédico auxiliar de endoscopias con destino ó Complexo Hospitalario de Pontevedra. (SCS-38/2001) (4 lotes).

O Servicio Galego de Saúde, por proposta da División de Recursos Económicos, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Adquisición de equipamento electromédico auxiliar de endoscopias con destino ó Complexo Hospitalario de Pontevedra. (4 lotes).

Orzamento: once millóns setencientas cincuenta mil pesetas con IVE incluído. (11.750.000 pesetas con IVE incluído). ( 70.618,92 euros).

Lote 1: sistema de desinfección. 8.100.000 pesetas. 48.681,98 euros.

Lote 2: electrobisturí. Baixa potencia. 1.800.000 pesetas. 10.818,22 euros.

Lote 3: armarios almacenaxe endosopios. 1.000.000

de pesetas. 6.010,12 euros.

Lote 4: desfibrilador. 850.000 pesetas. 5.108,60 euros.

Garantía provisional: a garantía provisional é o 2% do importe de licitación. Ve-lo punto 11 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

Forma de adxudicación: concurso público, e procedemento aberto, polo trámite de urxencia.

Prazo de entrega: desde a petición, máximo 30 días.

Admisión de variantes: cada licitador poderá presentar proposicións individuais ata un máximo de tres (oferta base más 2 variantes) proposicións agrupadas de varios lotes, ata un máximo de dúas.

Solvencia económica, financeira e técnica: ve-lo punto 18 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares para a dita contratación.

Criterios de adxudicación: os establecidos no punto 13 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

Documento de interese para os licitadores: o prego tipo de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios centrais da División de Recursos Económicos, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º en Santiago de Compostela, tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Servicio Galego de Saúde, antes das 14 horas do oitavo día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro de prazo sinalado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó organo de contratación a remisión da oferta mediante fax (981 54 27 62) ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura de proposicións: terá lugar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais edificio administrativo San Caetano, bloque nº 2, 2ª planta, a partir das 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento do anuncio desta contratación de subministración será por conta do adxudicatario ou dos adxudicatarios do contrato.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2001.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos