Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 17 de xullo de 2001 Páx. 9.707

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CÉDULA do 28 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a Resolución do 10 de abril de 2001, de concesión de axudas á contratación en prácticas do expediente administrativo FM 342C 00/201-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de concesión de axudas á contratación en prácticas da

subvención do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 13-3-2000 (DOG nº 60, do 27 de marzo), publícase:

1º Expedientes de procedemento: FM 342C 2000/201-5.

Orde de convocatoria: 13 de marzo de 2000 (DOG nº 60, do 27 de marzo).

Interesado: Fersal Aluminios, S.L.

Enderezo: entrada Ponte Illa de Arousa 36620 Vilanova (Pontevedra).

Asunto: resolución por delegación ó abeiro da Orde do 13-3-2000 do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude do 10 de abril de 2001.

Parte dispositiva da resolución:

ACORDA:

1. Conceder a Fersal Aluminios, S.L., as axudas e subvencións pola contratación en prácticas dun traballador relacionado no ordinal segundo dos precedentes fundamentos nas contías seguintes:

-Axuda pola contratación en prácticas dun traballador, por un importe total de 550.000 pesetas.

2. Condiciona-lo pagamento destas axudas e subvencións, de conformidade coa base 15ª do anexo E da orde de convocatoria, á presentación por parte do beneficiario, no prazo de 10 días hábiles desde o seguinte ó da presente notificación, dun exemplar, orixinal ou fotocopia compulsada, da documentación que se indica:

-Certificados de atoparse o día nos pagamentos á Seguridade Social.

-Certificados de atoparse o día na Axencia Estatal Tributaria.

-Certificado de non ter contraídas débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

-Poder do representante para actuar en nome da entidade, inscrito no Rexistro Mercantil.

-Declaración expresa, á data actual, comprensiva de tódalas axudas e subvención solicitadas ou concedidas para este mesmo proxecto, ou, de se-lo caso, de que non solicitou ou percibiu ningunha axuda e subvención das distintas administracións públicas.

-Alta no imposto de actividades económicas.

3. Lembrarlle ó beneficiario o necesario cumprimento das obrigas de mantemento, información e comunicación establecidas na base décimo sexta do anexo B da orde reguladora, así como a revogación e o reintegro da subvención no caso de incumprimento, previstos no artigo 11 da citada orde.

Notifíquese ó interesado esta resolución, que pon fin á vía administrativa e contra a que cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa notificación, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal

Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, pode interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da súa notificación, ante esta delegación provincial, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 10 de abril de 2001. P.D. O delegado provincial. Asinado: Joaquín Macías Sánchez.

Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Fomento do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en Vigo.

Vigo, 28 de maio de 2001.

José Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra