Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 17 de xullo de 2001 Páx. 9.706

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación das resolucións dos expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos LU-E 258/2000 e cinco máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), notifícaselles ás persoas que de seguido se relacionan, ás que non se lles puido facer por correo certificado, os resolucións dictadas nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos; a súa cuantía e número cítanse no anexo.

Contra estas resolucións poderá interpoñe-lo interesado recurso de alzada, perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun

mes, contado desde o día seguinte o da súa notificación.

Advírtase que de non ser interposto este en tempo e forma terá que aboa-la multa imposta no período de pagamento voluntario, a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Recadación de multas e sancións de espectáculos públicos número 2091/0152/29-3110001658, en calquera oficina da entidade bancaria Caixa Galicia, facendo consta-lo número de expediente sancionador, co cal se rematará este. Transcorrido o dito prazo, procederase ó cobramento pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición terceira da Orde do 22 de maio de 1987, da Consellería de Economía e Facenda (DOG do 3 de xuño).

Lugo, 8 de xuño de 2001.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

NomeDNI/NIFNº expedientePrecepto infrinxidoÚltimo domicilioMulta

Manuel Casal Maseda33.831.613LU-E 35/200123 o) en relación co 26 e) LO 1/1992Misericordia 50, Viveiro125.000 pesetas e 20 días de suspensión da licencia de apertura

Manuel Casal Maseda33.831.613LU-E 46/200123 o) en relación co 26 e) LO 1/1992Misericordia 50, Viveiro125.000 pesetas e 20 días de suspensión da licencia de apertura

Manuel Casal Maseda33.831.613LU-E 12/200123 o) en relación co 26 e) LO 1/1992Misericordia 50, Viveiro115.000 pesetas e 15 días de suspensión da licencia de apertura

Manuel Casal Maseda33.831.613LU-E 25/200123 o) en relación co 26 e) LO 1/1992Misericordia 50, Viveiro115.000 pesetas e 15 días de suspensión da licencia de apertura

Club Cultural Boliche, S.L.B-27215839LU-E 2/200126 e) LO 1/1992Noreas 15, Lugo30.000 pesetas