Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 17 de xullo de 2001 Páx. 9.691

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 20 de xuño de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución, aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e declaración de utilidade pública das instalacións eléctricas que se citan. (Expediente 1 e 288/1999).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, o Decreto 2617/1966, e pola disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 1955/2000, sobre autorización de instalacións eléctricas, así como da Lei 10/1995, o Decreto 2169/1966, polo que se aproba o regulamento da Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa, e o Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia, sométese a información pública a petición de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución, a aprobación do proxecto sectorial de inci

dencia supramunicipal e a declaración de utilidade pública das instalacións eléctricas que se citan:

Solicitante: Gamesa Energía, S.A.

Domicilio social: avda. do Cruceiro da Coruña, 201 A, 15705 Santiago de Compostela (A Coruña).

Denominación: parque eólico Pedregal Tremuzo (expediente 1/1999).

Concellos afectados: Muros, Mazaricos e A Serra de Outes (A Coruña).

Descricións técnias:

Potencia que se vai instalar: 30,60 MW.

Coordenadas:

V(X=501.730; Y=4.744.000) V(X=502.225; Y=(4.743.188)

V(X=502.600; Y=4.743.310)V(X=504.058; Y=(4.742.435)

V(X=504.188; Y=4.740.620)V(X=504.271; Y=(4.740.280)

V(X=504.000; Y=4.740.000)V(X=503.670; Y=(4.740.496)

V(X=503.492; Y=4.741.877)V(X=503.128; Y=(4.742.069)

V(X=502.870; Y=4.742.777)V(X=502.163; Y=(4.742.731)

V(X=502.168; Y=4.742.070)V(X=501.838; Y=(4.742.070)

V(X=501.822; Y=4.742.885) V(X=501.506; Y=(4.742.885)

V(X=501.506; Y=4.743.481)

-36 aeroxeradores, de 850 kW/u montados sobre fuste tubular metálico de 55 m de altura e rotores de 3 pas de 52 m de diámetro.

-36 transformadores, situados no interior dos fustes de 900 kVA e tensións de 0,69/20 kV.

-Rede eléctrica subterránea de media tensión en conductor R.H.V. kA1-H16 12/20 kV de 240 mm.

-Subestación eléctrica con transformador de potencia nominal 50 MVA e relación de transformación 20/66 kV e transformador de servicios auxiliares de 50 kVA e relación de transformación 20/0,4 kV.

-Aparellaxe para telemando e telecontrol, protección e sinalización das instalacións a 66 e 20 kV da subestación.

Denominación: liña de alta tensión a 66 kV Pedregal-Tremuzo (expediente 288/1999).

Concellos afectados: Muros e Mazaricos (A Coruña).

Descricións técnicas.

Liña eléctrica aérea-subterránea de A.T. a 66 kV en dobre circuíto, no tramo aéreo sobre apoios metálicos e en conductor LA-280, de 8.237 m de lonxitude, con orixe na subestación do parque eólico de Pedregal-Tremuzo, seguido de tramo subterráneo baixo tubo, con conductor XLPE 36/66 kV de 3(1x630) mm ó de 120 m de lonxitude e final na subestación de Mazaricos, propiedade de Unión Fenosa, S.A., descorrindo polos concellos de Muros e Mazaricos. No seu percorrido téndese unha liña para comunicacións de fibra óptica, tipo PKP, de 24 fibras.

O que se fai público para coñecemento xeral podéndose examina-lo proxecto nesta delegación provincial, situada no edificio administrativo Monelos, s/n, A Coruña, e presenta-las alegacións oportunas no prazo de trinta días contados desde o día seguinte ó da última publicación deste acordo.

A Coruña, 20 de xuño de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña