Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Luns, 16 de xullo de 2001 Páx. 9.664

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

CONCURSO para a subministración a esta deputación de árbores nobres.

No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións para subministración a esta deputación de árbores nobres, mediante concurso, en procedemento aberto e trámite urxente. As ofertas e documentación presentaranse ata as 12 horas do día 6 de setembro de 2001, no rexistro xeral da Deputación Provincial de Ourense.

A apertura de documentación terá lugar ás 12 horas do día 7 de setembro de 2001, no pazo provincial. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense; rúa Progreso, 32, ou por teléfono: 988 38 51 00 e fax: 988 38 51 84.

Ourense, 7 de xullo de 2001.

José Luis Baltar Pumar

Presidente da Deputación Provincial de Ourense