Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Luns, 16 de xullo de 2001 Páx. 9.658

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Por acordo da Comisión de Goberno, en sesión do 9 de maio de 2001, aprobouse a forma de adxudicación mediante concurso, para contrata-los ser

vicios de desenvolvemento dunha campaña de comunicación para a difusión e sensibilización cidadá da recollida selectiva de envases no concello de Lugo. Por este anuncio dáse a coñece-la licitación consonte as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: os traballos que se van realizar para o desenvolvemento da campaña de comunicación para a difusión e sensibilización cidadá da recollida selectiva de envases no concello de Lugo, co fin de motiva-la acción efectiva e conseguir que os cidadáns separen as distintas fraccións de residuos, leven e entreguen tales fraccións nos contedores correspondentes situados na vía pública e adquiran conciencia do beneficio ambiental que se pode alcanzar coa selección en orixe de cara á posterior reciclaxe dos materiais. O alcance dos traballos especifícase na cláusula segunda do prego de condicións.

b) Prazo de execución: o prazo máximo de realización dos traballos fíxase en dous meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Tipo de licitación.

O prezo do contrato é de 9.795.010 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: 195.900 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

c) Localidade e código postal: Lugo 27002.

d) Teléfonos: 982 29 71 86, 29 71 43.

e)Telefax: 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Outros requisitos: os sinalados no prego de condicións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula oitava do prego de condicións.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo, oficina de rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

3ª Localidade e código postal: Lugo, 27002.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197 (3ª planta).

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o terceiro día hábil (agás sábado) posterior ó remate do prazo de presentación das proposicións.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Lugo, 31 de maio de 2001.

Mª Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

P.D.

Fernando X. Blanco Álvarez

Tenente alcalde delegado de área