Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Luns, 16 de xullo de 2001 Páx. 9.635

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 2 de xullo de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e o estudio de efectos ambientais das instalacións electromecánicas que se citan. (Expediente IN661A 10/1998).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e polo Decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que regula as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310), Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199) e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo (DOG nº 136), polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia, sométese a información pública a solicitude de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e o estudio de efectos ambientais das instalacións eléctricas que se citan:

Solicitante: Turbitec, S.L.

Enderezo social: r/ Enrique Mariñas, 26-28 Matogrande, 15009 A Coruña.

Denominación: parque eólico de Coto da Garita.

Municipios afectados: Cedeira (A Coruña).

Características técnicas:

-4 aeroxeradores de 740 kW de potencia nominal unitaria montados sobre fuste tubular metálico de 50 m de altura e rotores de 3 pas de 48 m de diámetro, cunha potencia total de 3 MW.

-2 transformadores de potencia de 1.600 kVA e tensións de 0,69/20 kV, aloxados no edificio de control.

-Rede eléctrica subterránea de baixa tensión a 690 V, para interconexión dos catro aeroxeradores e estes cos centros de transformación realizada en conductor R.H.V. 0,6/1 kV 1x300 mm Al para interconexión dos aeroxeradores.

-Transformador de servicios auxiliares de 15 kVA e relación 690/400 V e aparellos de medida, protección, telemando e telecontrol.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

Así mesmo, o estudio de efectos ambientais correspondente ás instalacións do parque eólico de Coto da Garita poderase examinar no Concello de Cedeira e nas dependencias das delegacións provinciais das consellerías de Medio Ambiente e Industria e Comercio da Coruña, podendo presntarse cantas alegacións se consideren pertinentes ante a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, no prazo de quince días contados a partir da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 2 de xullo de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña