Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Luns, 16 de xullo de 2001 Páx. 9.568

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 11 de xuño de 2001 pola que se autoriza o centro privado Tomás Barros da Coruña, para imparti-lo ciclo formativo de grao superior de integración social, segundo os datos que se especifican no anexo.

Examinado o expediente presentado pola titularidade do centro privado Tomás Barros da Coruña, no que solicita autorización para poder imparti-lo ciclo formativo de grao superior de integración social, e pasar a imparti-lo ciclo formativo de grao superior de interpretación da lingua de signos, xa autorizado por Orde do 31 de outubro de 2000 (DOG do 9 de novembro), en quenda de tarde-noite.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo; o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26) polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; o Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio) polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo; a Orde do 21 de decembro de 1999 (DOG do 31 de xaneiro) pola que se regulan determinados aspectos relativos á autorización de centros privados exclusivos de formación profesional específica; o Decreto 296/1999, (DOG do 18 de novembro) polo que se desenvolven determinados aspectos dos currículos dos ciclos formativos de formación profesional específica na Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22) sobre autorización de

centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que desenvolve o antedito decreto.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo centro privado Tomás Barros da Coruña, para imparti-lo ciclo formativo de grao superior de integración social, segundo os datos que se especifican no anexo desta orde.

Segundo.-O ciclo formativo de grao superior de interpretación da lingua de signos, autorizado segundo a Orde do 31 de outubro de 2000 (DOG do 9 de novembro), pasa a imparti-lo en quenda de tarde-noite.

Terceiro.-Antes do inicio das ensinanzas que se autorizan, a delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro, así como o equipamento adecuado.

Cuarto.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Quinto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día siguiente ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo do dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Localidade: A Coruña.

Enderezo: r/ Ramón Mª Aller, nº 12 entresollado.

Código do centro: 15032169.

Denominación: Centro Tomás Barros.

Titular: Araceli Barros Cao.

Ensinanzas que se autorizan:

1 ciclo formativo de grao superior de integración social (1 unidade para 20 alumnos).

Composición resultante:-Quenda de mañá:

Familia profesional: servicios socioculturais e á comunidade.

1 ciclo formativo de grao superior de educación infantil (2 unidades para 20 postos escolares/unidade).

1 ciclo formativo de grao superior de integración social (1 unidade para 20 alumnos).-Quenda de tarde-noite:

1 ciclo formativo de grao superior de interpretación da lingua de signos (2 unidades para 20 postos/unidade).