Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 13 de xullo de 2001 Páx. 9.560

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

GRÁFICAS ANDURIÑA, S. COOP. LTDA.

ANUNCIO.

En reunión celebrada pola asemblea xeral da cooperativa, con data do 6 de xuño de 2001, adoptouse o acordo de aproba-los novos estatutos sociais, adaptados á Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, que figuran en trinta e dous folios de papel branco común, que para a súa identificación asinan o presidente e o secretario.

Os novos estatutos inclúen o aumento do capital mínimo da sociedade, que queda establecido na cifra de catro mil euros (665.544 pesetas) así como a modificación do obxecto social, quedando redactado da seguinte forma:

A sociedade ten por obxecto social a impresión gráfica, é dicir, a impresión de textos ou imaxes por calquera sistema ou procedemento, tales como tipografía, offset, fotogravado, serigrafía, flexografía, calcografía e estampación en relevo e outras reproduccións como a multicopia, fotocopia por procedementos fotográficos, etc., e así mesmo, outras actividades anexas á impresión como industria auxiliar, como a estereotipia, galvanotipia, galvanoplástica, fotomecánica, deseño gráfico, composición de textos, ben sexa por procedementos manuais ou mecánicos, encadernación, impresión dixital, reprografía, impresión personalizada e franqueo, infografía, multimedia, creación de páxinas web e outras actividades complementarias das artes gráficas e, en xeral, calquera actividade de lícito comercio ou industria, que teña relación co seu obxecto principal.

Neste obxecto implicarán tódolos socios o seu traballo persoal.

Poio, 12 de xuño de 2001.

O secretario

Rubricado

O presidente

Rubricado