Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 13 de xullo de 2001 Páx. 9.558

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUGARDOS

ANUNCIO de concurso de obras.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Mugardos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Número de expediente:---.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: reforma e ampliación do Concello de Mugardos.

b) Lugar de execución: Concello de Mugardos.

c) Prazo de execución: 18 meses ou 78 semanas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Obra plurianual:

Exercicio orzamentario importe (IVE incluído).

2000: 25.000.000 de pesetas.

2001: 30.000.000 de pesetas.

2002: 30.000.000 de pesetas.

Total IVE incluído: 85.000.000 de pesetas.

5. Garantías.

a) Provisional: 1.700.000 pesetas.

b) Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Mugardos. Secretaría.

b) Enderezo: avda. de Galicia, 45.

c) Localidade e código postal: Mugardos 15620.

d) Teléfono: 981 47 03 38/981 47 02 90.

e) Fax: 981 47 20 17.

f) Data límite de obtención de documentos: ata as 13 horas do día anterior a aquel en que remate o prazo de presenta-las proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo C, subgrupo 1, 2, 3, 4, 6, 7, 8, 9, categoría do contrato C.

b) Outros requisitos: ver cláusulas 12.2º do prego.

8. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: de 9 a 13 horas dentro do prazo de trece días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, segundo proceda.

b) Documentación que hai que presentar: a documentación presentarase en dous sobres pechados:

-Sobre A, subtitulado Documentación, conterá a proposición económica formulada de conformidade co modelo que figura no anexo II do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Sobre B, subtitulado Oferta económica e referencias técnicas, conterá a documentación esixida na cláusula 12.2º do prego.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Concello de Mugardos.

2. Enderezo: avda. de Galicia, 45.

3. Localidade e código postal: Mugardos 15620.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Mugardos (salón de sesións).

b) Enderezo: avda. de Galicia, 45.

c) Localidade: Mugardos.

d) Data: terceiro día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas (agás os sábados, que pasará o luns seguinte).

e) Hora: 12 da mañá.

10. Outras informacións.

Secretaría, no primeiro andar da casa do concello.

11. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

12. Pregos.

É de aplicación o prego de cláusulas administrativas xerais aprobado polo pleno o día 30-6-2001.

Mugardos, 2 de xullo de 2001.

Ramón Toimil Saavedra

Alcalde