Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 13 de xullo de 2001 Páx. 9.554

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2001 pola que se corrixe erro material na do 11 de maio de 2001 pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación dunha asistencia técnica para a realización de auditorías para o Instituto Galego de Promoción Económica. (C.P. 4/2001).

1. Con data do 11 de maio de 2001 a directora xeral do Igape dictou resolución pola que se anunciaba concurso público aberto para a contratación dunha asistencia técnica para a realización de auditorías para o Igape.

2. Detectado erro material na citada resolución, en concreto nos prazos de execución e vixencia, onde di: «Os traballos para a auditoría do ano 2001 comezarán no último trimestre do ano 2000 e os traballos para a auditoría do ano 2002 comezarán no último trimestre do ano 2001», debe dicir: «os traballos para a auditoría do ano 2001 comezarán no último trimestre do ano 2001 e os traballos para a auditoría do ano 2002 comezarán no último trimestre do ano 2002».

Polo exposto, en aplicación do artigo 105.2º da Lei 30/1992, de procedemento administrativo, e en virtude das facultades ó meu favor conferidas por acordo de delegación de facultades do Consello de Dirección do Igape con data do 30 de marzo de 2000 (DOG nº 81 do 27 de abril).

ACORDO:

A corrección do erro material contido na resolución pola que se anuncia concuro público aberto para a contratación dunha asistencia técnica para a realización de auditorías para o Igape no sentido de que onde di: «Os traballos para a auditoría do ano 2001 comezarán no último trimestre do ano 2000 e os traballos para a auditoría do ano 2002 comezarán no último trimestre do ano 2001», debe dicir: «Os traballos para a auditoría do ano 2001 comezarán no último trimestre do ano 2001 e os traballos para a auditoría do ano 2002 comezarán no último tri

mestre do ano 2002», rectificándose así mesmo o mesmo erro no prego de prescricións técnicas.

En Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2001.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica