Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 13 de xullo de 2001 Páx. 9.544

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia o levantamento de actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN661A 98/1-3 A.T.).

Instalación: parque eólico de Sil; concellos de Nogueira de Ramuín; Xunqueira de Espadanedo; Parada de Sil e Esgos.

Entidade beneficiaria: Iberdrola Diversificación, S.A.; r/ Circunvalación, nº 17, A Rúa (Ourense).

Data, lugar e hora de actas: 1 de agosto de 2001 ás 10.30 horas na Casa do Concello de Nogueira de Ramuín.

Por resolución da Dirección Xeral de Industria do 13-6-2000 autorizouse a instalación de producción de enerxía eléctrica indicada, a cal foi modificada, en canto á situación de certos aeroxeradores, por outra do 3-7-2001. A declaración, en concreto, da utilidade pública das instalacións do parque eólico, que foi outorgada por resolución da Consellería de Industria e Comercio do 5-10-2000 (DOG do 20

de outubro), ten as consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa (en diante LEF), do 16 de decembro de 1954.

Polo que respecta á prevalencia da utilidade pública do proxecto da instalación eólica sobre a do monte comunal Carballos da Portela, único predio que permanece no expediente expropiatorio, foi declarada polo Consello da Xunta de Galicia con data do 22 de febreiro de 2001.

Na súa virtude, en aplicación do citado artigo 52 da LEF,

RESOLVO:

Convoca-los titulares dos bens e dereitos afectados, como punto de encontro, na casa do concello onde están os predios afectados, no día e hora indicados no encabezamento, para, de conformidade co procedemento establecido, levar a cabo a redacción das actas previas á ocupación nas que se describirán os bens obxecto da expropiación e se fará consta-las manifestacións e datos que sexan útiles para determina-los dereitos afectados. A orde de redacción das actas comunicaráselle a cada interesado mediante a oportuna cédula de citación.

Os titulares dos predios afectados, que se indican no anexo, deberán acudir persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos de titularidade e, de se-lo caso, o último recibo da contribución. Se o estiman oportuno pódense facer acompañar dos seus peritos e un notario, pola súa conta.

Segundo establece o artigo 56 do regulamento da LEF, aprobado polo Decreto do 26 de abril de 1957, ata o mesmo momento do levantamento de actas previas os interesados poderán formular alegacións perante este organismo expropiante para os efectos de corrixir posibles erros que se padeceran ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Ourense, 4 de xullo de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente número: IN661A-98/1-3 A.T.

Instalación: parque eólico de Sil.

Entidade beneficiaria: Iberdrola Diversificación, S.A.

Trámite: convocatoria de actas previas.

Concello de Nogueira de Ramuín (Ourense).

PARCELAS PROXECTOSUPERFICIE (ha)LINDEIROSPROPIETARIOS

LugarCultivoTotalAfectada

4Carballos da PortelaMonte baixo5332,36-Norte, leste e oeste, máis do monte comunal-Sur, termo municipal de EsgosComunidade de Montes en Man Común de Loña do Monte

32160 Nogueira de Ramuín