Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de
execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T.C. Marazo I.
Situación: Oza dos Ríos.
Descricións técnicas: recuamento da liña eléctrica de media tensión, a 15 kV, ó seu paso sobre campo de fútbol, en Oza dos Ríos, consistente en implantar dous novos apoios de formigón para paso aéreo a subterráneo, entre os puntos en que a liña deriva a C.T. Oza Ponte e C.T. madeiras Hernández, con conductor R.H.V: 12/20 kV de 3(1x240) mm Al de 265 m de lonxitude. Centro de transformación en caseta prefabricada de 250 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV, denominado C.T. Marazo I, ó lado do pavillón polideportivo. Oza dos Ríos.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.
A Coruña, 30 de maio de 2001.
Manuel Estévez Mengotti
Delegado provincial da Coruña en funcións