Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 13 de xullo de 2001 Páx. 9.542

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/66-2, 5638 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T., C.T. panificadora.

Situación: Ribadeo.

Descricións técnicas: L.M.T. a C.T. panificadora a 20 kV, en conductor LA-56 de 42 m de lonxitude. C.T. de 100 kVA relación 20.000/380-220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 28 de maio de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo