Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 13 de xullo de 2001 Páx. 9.540

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2001 pola que se anuncia, polo sistema de concurso de procedemento aberto, para a contratación da subministración de material para ciclos formativos para centros docentes dependentes desta consellería. (Expediente 8/01SU).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento. Servicio de Contratación e Equipamento.

c) Número de expediente: 8/01SU.

2. Obxecto de contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de material para ciclos formativos para centros docentes dependentes desta consellería.

b) Lugar de entrega: almacén da consellería, sito no polígono de Toedo, na Estrada (Pontevedra), ou no centro educativo que se sinale en función do volume de artigos que se van adquirir.

c) Prazo de execución:

-30 días para os lotes 1, 2, 4, 6, 10, 11, 15, 19 e 21.

-60 días para o resto dos lotes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 366.690.309 pesetas (2.203.853,14 euros).

5. Garantías.

Provisional: 2% do importe total de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

6.1. Información:

a) Entidade: Oficina de información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio San Caetano, s/n. Santiago de Compostela.

6.2. Adquisición de pregos:

a) Teléfono: 981 59 07 11

b) Domicilio: r/ Nova, 19. Santiago de Compostela.

c) Así mesmo, poderanse obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=577.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o día 30 de agosto de 2001, ás 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou por correo.

2ª Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3ª) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: o día 7 de setembro de 2001, ás 12 horas.

9. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2001.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria