Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 12 de xullo de 2001 Páx. 9.474

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2001 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e mediante tramitación ordinaria, para a contratación da subministración que se cita.

Expediente nº 28/2001.

Obxecto: equipamentos varios para a Facultade de Ciencias Sociais en Pontevedra, 4 lotes.

Localidade: Pontevedra.

Importe licitación:

Lote 1: 1.058.700 pesetas, IVE incluído.

Lote 2: 4.541.680 pesetas, IVE incluído.

Lote 3: 4.565.000 pesetas, IVE incluído.

Lote 4: 5.255.000 pesetas, IVE incluído.

Prazo entrega: 1 mes (para tódolos lotes).

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Universidade de Vigo. b) Dependencia que tramita o expe

diente: Servicio de Xestión Económica e Contratación. c) Número dos expedientes: o indicado para cada expediente.

2. Obxecto dos contratos: a) Descrición dos obxectos: as arriba indicadas. b) Número de unidades para entregar: as especificadas nos pregos de cláusulas. c) División por lotes e número: 2. d) Lugar de entrega: o que se indique no contrato. c) Prazo de entrega: os arriba indicados.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso público.

4. Orzamento de licitación: importes totais: os arriba indicados.

5. Garantías: -Provisionais: 2% dos importes de licitación. -Definitivas: 4% dos importes de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: Universidade de Vigo-Servicio de Xestión Económica e Contratación. b) Domicilio: edificio

anexo ó rectorado. r/ Areal, nº 46-3ª planta. c) Localidade e código postal: Vigo-36201. d) Teléfono: 986 81 35 71. e) Telefax: 986 81 38 57. f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior á finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas: a) Data límite de presentación: o décimoquinto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. b) Documentación que hai que presentar: a indicada nos pregos de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: 1ª Entidade: rexistro xeral de Universidade de Vigo. 2ª Domicilio: rectorado-edificio anexo, r/ Oporto nº 1 planta baixa. 3ª Localidade e código postal: Vigo-36201. d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses, a contar desde a apertura das proposicións. e) Admisión de variantes: non se admiten.

8. Apertura das ofertas: a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo. b) Domicilio: r/ Areal, nº 46-1ª planta. c) Localidade: Vigo-36201. d) Data: o terceiro día seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas. Se este día fose inhábil ou sábado, reunirase o seguinte día hábil. e) Hora: 13 horas.

9. Gastos de anuncios: serán a cargo dos adxudicatarios a rateo.

Vigo, 3 de xullo de 2001.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo